Solicitudes e inscricións nos cursos

centro-xove-da-almaciga-santiago

Se queres inscribirte nun dos cursos ofertados polo Centro Xove, só terás que tramitar unha sinxela solicitude a través desta mesma web (ver formulario abaixo). Lembra que todos os nosos cursos son gratuitos (están subvencionados polo Concello de Santiago a través da Concellería de Mocidade). Para inscribirte, só terás que pasar polo Centro Xove da Almáciga durante o prazo de inscrición.

INSCRICIÓN NOS CURSOS DE OUTUBRO-DECEMBRO

O prazo de inscrición queda aberto do 4/10/2017 ó 11/10/2017, ambos incluidos. O horario de inscrición é de 10 a 14 e de 16 a 20, no propio Centro Xove da Almáciga. Para inscribirte só precisas achegarte ó propio espazo co teu DNI e contarnos que cursos desexas facer. Podes botar un ollo ós cursos do Centro Xove nesta ligazón. Non se admitirán inscricións de terceiros, de persoas sen identificar ou fóra de prazo!

Se tiveras algunha dúbida, podes enviarnos un mail chamarnos ou mandar un WhatsApp/Telegram ó 681 601 920 e estaremos encantados de axudarte.

Os listaxes  de participantes e agarda serán anunciados públicamente no Centro Xove, contactándose coas persoas inscritas para informarlles dos detalles. Grazas por animarte e difundir a nosa proposta de formación nas redes sociais!