actividades centro xove almaciga

Últimos días para inscribirse nos cursos do Centro Xove!

Xa foi aló a primeira semana de inscricións nos novos cursos do Centro Xove! Pasou moita xentiña polo noso espazo para participar… pero aínda hai sitio para máis! Coa idea de que non perdades a oportunidade, imos recoller novamente algo de información sobre os cursos. Podedes inscribirvos ata o venres 12! Estamos no espazo de ...

Descobre a nova programación de outubro – decembro 2018 do Centro Xove!

Coa chegada do outono, comezan os novos cursos do Centro Xove. Traemos unha oferta ben xeitosa, con propostas innovadoras para o espazo. O prazo de inscrición para os cursos é do luns 1 ó venres 12 de outubro. Chegou a hora do bule-bule! Queres coñecer de que vai a nosa nova programación? Pode apuntarse calquera ós cursos do ...

gala do compostela en escena centro xove

A gala final do Compostela en Escena terá lugar o 21 e 22 de xuño no CX!

A gala final do Compostela en Escena 2018 terá lugar no Centro Xove da Almáciga os vindeiros días 21 e 22 de xuño. Teremos a sorte de desfrutar do talento e creatividade das disciplinas de danza, teatro, coro… e unha exposición de fotografía! Contaremos co espectáculo de danza + teatro ó 21 de xuño ás 20:30, mentres que ...

serpes na cachola santiago de compostela

E ti, terás serpes na cachola? Descubre o novo laboratorio de creación do CX!

No Centro Xove lanzamos unha nova proposta para xente creativa: Serpes na Cachola. Trátase dun punto de encontro para a creación entre artistas de diferentes disciplinas. Non é unha escola de formación, pois está orientado a persoas que practican e dominan algunha das disciplinas desta proposta. Tampouco, pois, un espazo de iniciación, pero sí de aprendizaxe. E cales ...

Queres aprender a levar unha horta? No Centro Xove xa podes facelo co Hortalíza-Te

Se levades tempo buscando un curso de horta en Santiago de Compostela, no Centro Xove da Almáciga acollemos unha proposta ben interesante: o programa Hortalíza-Te. Este proxecto ve a luz ó abeiro dos orzamentos participativos, e pasa por ofrecer unha formación amena pero valiosa sobre como xestionar a vosa propia horta. Formación en horta en Santiago co Hortalíza-Te ...

3 actividades no CX que non quererás perderte

No Centro Xove temos 3 novas propostas para ti, que terán lugar ó longo dos meses de maio e xuño. Son propostas diversas e formativas, das que poderás tomar parte sen gastar un peso, e que teñen como temática o compromiso social. Queres coñecelas? 3 actividades formativas no CX Obradoiro de Break-dance (4 de maio ás ...

Lanzamos o primeiro roteiro do Centro Xove!

No Centro Xove da Almáciga presentamos o roteiro Cando as periferias explican o mundo. Trátase dunha proposta vencellada ó compromiso que temos no espazo coa narración oral, no que Manuel Gago presentará ós asistentes unha perspectiva ben diferente sobre a zona da Almáciga. Esta proposta, como podedes imaxinar, está vencellada ó Festival Atlántica, e propón un roteiro ameno contra á ...