Sobre o centro

O Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga, dependente do Concello de Santiago de Compostela a través de Concellería de Mocidade, é un espazo específicamente deseñado para a mocidade de Compostela. Oferta formación ás persoas residentes na cidade, que estuden ou traballen nela, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos; ademais, organiza espectáculos de acceso libre sen limitación de idade, e acolle as iniciativas que a propia cidadanía achegue de forma directa.

Podes atopar o Centro Xove da Almáciga no seguinte mapa:

HORARIOS DE APERTURA DO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA

  • Luns: de 16:00 a 22:00.
  • Martes e mércores: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00.
  • Xoves e venres: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 00:00.
  • Sábados: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 22:00.

* Nota: os horarios poden variar en función da programación do Centro Xove da Almáciga (consultar esta ligazón para saber máis).

Podes contactar co seu persoal xestor chamando ó 681 60 19 20, a través do seu correo oficial centros@serviplus.org ou achegándote polas instalacións 🙂