All posts by Centro Xove

Páxina non oficial do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga

Resultados da primeira Xuntanza da Xentiña do Centro Xove

No Centro Xove da Almáciga consideramos esencial escoitar a vosa voz e implicarvos na toma de decisións sobre o espazo. Cremos nun modelo de xestión compartida, no que exista a posibilidade de achegar ideas, propostas concretas e suxestións para mellorar o centro… pero tamén no que poidades aproveitar as instalacións dunha forma autónoma. Por iso lanzamos ...

O novo servizo do Centro Xove que non quererás perderte!

Despois dunha primeira programación moi intensa, no Centro Xove da Almáciga temos recibido un montón de propostas de mellora que xa estamos a procesar. Malia que imos facer pública unha memoria avaliando o primeiro trimestre de servizo, hoxe xa abrimos novas vías de comunicación con vós: por iso lanzamos a atención por WhatsApp e Telegram no Centro ...

Participa na I Xuntanza da Xentiña do Centro Xove!

No Centro Xove da Almáciga andamos a voltas coa segunda programación de cursos que temos ofertado para vós, a nosa querida mocidade de Santiago de Compostela. Percibimos que tedes gañas de participar, de sumar ideas e de que lancemos propostas de formación á vosa medida. Ben sabedes que temos o voso consello moi en conta e, ...

Xa podes inscribir ó teu grupo musical no Cancelas Primavera Fest

Segundo nos comentan dende a Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela, as bandas locais que teñades interese en participar no festival Cancelas Primavera Fest, o vindeiro 26 de maio, xa podedes comezar a inscribirvos para ser parte do cartel. O concerto é unha proposta que xorde dos Orzamentos Participativos do 2016, e que podedes ...

Coñeces os novos cursos do Centro Xove da Almáciga?

No equipo do Centro Xove da Almáciga estamos entusiasmados pola resposta masiva á nosa primeira programación, que acadou un cheo total en todos os cursos grazas á vosa implicación. Sodes unha marabilla! E, para que vexades que o noso compromiso non decae en ningún momento, hoxe por fin presentamos a nosa segunda programación! Descobre os ...

O xoves 16 de marzo actuación de Pablo Albo no Centro Xove!

O Centro Xove, a través da Concellaría de Mocidade, ten apoiado o festival Atlántica 2017, que na súa programación inclúe unha actuación no Centro Xove da Almáciga… de balde! É sen dúbida un dos eventos de referencia en canto á narración oral en Compostela, dos que desfrutaremos do 14 ó 19 de marzo. A actuación ...

Precisas un espazo público en Santiago? Reserva o Centro Xove da Almáciga!

Xa nos chegaron varios correos de colectivos da cidade na procura de espazos públicos… que non sabían que é posible reservar o Centro Xove da Almáciga! Ben sabedes que estivemos a moitas cousas, polo que ata agora non temos falado do asunto, pero se precisades un espazo público para o voso evento ou iniciativa cultural ...