O equipo do Centro Xove está comprometido co #EuQuedoNaCasa.

Entendemos que é un momento complexo para todos e todas. Pero queremos aproveitar para ofrecer unha alternativa para a nosa mocidade. Para ti, que les isto.

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Mocidade, apoia a nosa decisión de pivotar sobre a programación habitual. Iso tradúcese en que imos ofertar diferentes plans, contidos e mesmo cursos durante o estado de alarma. Que non baixen os ánimos!

Quedar na casa non significa quedar sen plan!

Nese sentido, todo o equipo do Centro Xove, co apoio do persoal de redes e municipal, estamos argallando unha proposta para facer un chisco máis levadeiro o de #EuQuedoNaCasa.

Isto comeza xa, con efecto inmediato. Así que toma boa nota, porque queremos que participes e sexas parte disto día a día. A nosa proposta pasa por compartir e dinamizar en redes durante todo o estado de alarma da seguinte forma.

Luns culturais

Traemos unha proposta formativa interesante e gratuita. Non somos os únicos con contidos interesantes, e o noso equipo vai rastrear Internet na procura de cursos e formacións que poidades aproveitar.

Imos identificalos, seleccionar os mellores e compartilos contigo.

Martes de faladoiro

Polo Centro Xove de Creación Cultural ten pasado moita xente interesantísima e de enorme talento, que tamén é parte do de #EuQuedoNaCasa. Queremos coñecer esas pequenas historias, momentos e ideas que queiran compartir con vós.

Contade con mensaxes virtuais, que poderedes comentar para crear unha interacción ben xeitosa!

Mércores das artes

No Centro Xove gústanos a música, a literatura e as películas. Por iso, imos escoller algunhas cada semana en forma de infografía, e compartilo nas redes coas nosas impresións.

Todos debemos quedar na casa, pero seguro que será máis ameno se descobres algunha película, libro ou disco que pague a pena.

Xoves de encontro

Os xoves son o voso día para tomar a palabra. Queremos que nos contendes como levades iso de #EuQuedoNaCasa, e estar así un pouco máis cerca.

Por iso, imos recopilar dende vídeos ata cancións, pasando por ilustracións ou calquer idea que teñades. Recopilaremos todo o que nos enviedes e poderedes velo nas nosas redes. Creatividade ó poder! Será un momento de encontro virtual.

Venres en liña

Para o derradeiro día da semana imos lanzar un curso de iniciación á guitarra. Se tedes aparcada pola casa unha guitarra, é o momento de afinala e poñerse a iso.

Compartiremos unha formación en vídeo propia feita no Centro Xove, que compartiremos na nosa canle en YouTube de forma gratuita.

Quero participar, como podo facelo?

Se queres axudar a mellorar as circunstancias de todos e todas, por favor, o primeiro é pedirte que quedes na casa e tomes medidas de prevención.

Fóra diso, estamos encantados de recibir as túas ideas e propostas. Podes remitilas polos seguintes medios:

  • Correo electrónico a centros@serviplus.org . Envía o que queiras, xa logo concretamos por alí 🙂
  • WhatsApp/Telegram co contido que che apeteza. Podes envialo ó 722 72 09 92.
  • Se son arquivos moi grandes, aceptamos envíos por WeTransfer, asociados ó noso mail arriba indicado.

Seguimos en contacto. Xa sabes que co Centro Xove podes dicir #EuQuedoNaCasa, pero non sen plan!

Páxina non oficial do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s