Estamos encantados de presentar os novos cursos do Centro Xove. Unha vez máis, unha oferta que se apoia no que xa temos no espazo, e se complementa con propostas innovadoras para o mesmo. Imos?

prazo de inscrición prioritario para os cursos é do luns 07/10 ó venres 11/10 ás 14:00. 

Queres coñecer de que vai a nosa nova programación?

Quen pode apuntarse ós cursos do CX?

Calquera, pero con algunhas condicións para ter prioridade:

  • Se tes entre 14 e 35 anos
  • Se estás empadroado no Concello de Santiago de Compostela.

Se non cumpres este requisito, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa plazas contaremos contigo! Estás fóra de plazo cando les esto? Contacta con nós e vemos que podemos facer.

Así que iso, non deixes de apuntarte. Xa sabes que eres benvido no espazo.

Onde me inscribo? Canto custan os cursos?

Podes inscribirte de forma presencial no propio Centro Xove entre o luns 7 e o venres 11 de outubro.

Atendemos inscricións de 10 a 14 da mañá e de 16 a 20 de tarde. O venres 11 o prazo remata ás 14!

Como é posible que xa saibas, os nosos cursos son subvencionados pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Isto quere dicir que, para ti, son de balde. Non pagas nada por participar, nin sequera polos materiais!

E como podes saber se estás dentro do curso? O venres 11 de febreiro pola tarde enviaremos un correo electrónico avisando. Revisa a túa bandexa de entrada e spam ou, se non, pasa polo Centro Xove a partires do luns 14 de outubro e comproba os listados que colgaremos no espazo.

E teño que ter coñecementos previos para participar nos cursos?

Nada diso! Nos cursos sempre partimos dos coñecementos previos do alumnado participante, xa que asumimos que o que queres é aprender. Así que os nosos profesores, profesionais de prestixio, estarán felices de orientar ás formacións para que poidas aprender partindo dende a base.

Lembra que as nosas aulas son moi orientadas ó práctico, xa que o exceso de teoría non nos vai demasiado. A nosa idea é que, cando saias du curso, teñas aprendido algo novo e queiras saber máis sobre o tema. As clases están moi orientadas a crear un ambiente agradable e ameno, creando unha rede de compañeiros que vos faga sentir en total confianza no espazo.

PROGRAMACIÓN PROPIA DO CENTRO XOVE (OUTUBRO A DECEMBRO 2019)

OFERTA DE CURSOS DE FORMACIÓN

  • A duración de cada curso está indicada no mesmo.
  • Os materiais precisos para as actividades son subvencionados pola Concellaría de Mocidade.
  • Non é preciso contar con coñecementos previos para participar.

Ilustrando o CX

Se queres aprender a ilustrar, coñecer profesionais do ámbito e traballar con nós intervindo no propio espazo… xa sabes! Non importa o nivel de coñecementos que teñas. A idea é conformar un grupo de traballo para colaborar e deixar a túa pegada no CX, aproveitando para formarte en deseño, ilustración e intervención no espazo con materiais plásticos. Contaremos con dous docentes para guiar as formacións.

  • Horarios: 2 sesións por semana, luns e martes de 16 a 20 (pode participarse total ou parcialmente nas aulas).
  • Datas: luns e martes de novembro e decembro.

Laboratorio de guitarra (aulas de guitarra)

Tocar a guitarra é doado. Queres comprobalo? A través destas aulas en pequeno grupo, aprenderás nocións sobre o instrumento partindo do teu nivel. Contaremos con grupos de tamaño reducido, sesións maxistrais e ata pequenos concertos, se queres. Só precisas unha guitarra e moitas ganas de desfrutar da música!

  • Horarios:
    • Grupo 1: mércores de 11:00 a 14:00.
    • Grupo 2: mércores de 16:00 a 17:30.
    • Grupo 3: xoves de 16:00 a 17:30.
    • Nota: titorías e sesións maxistrais: a convir co profesor.

Grupo de teatro do Centro Xove

O grupo de teatro dirixido por Artur Trillo volve un ano máis á escena do Centro Xove. Únete a un grupo de teatro consolidado, traballa as túas habilidades interpretativas e mostra o teu talento pola cidade de Compostela. Creamos un grupo, lanzamos unha obra e desfrutamos do mellor do teatro e a nosa creatividade.

  • Horarios: mércores de 16:30 a 19:30.
  • Nota: este curso é de duración anual. Para sumarte despois do mes de outubro, cómpre contactar co Centro Xove.

Laboratorio de canto (coro do Centro Xove e técnica vocal)

O coro moderno do Centro Xove segue a procurar voces que queiran sumarse ó proxecto. Complementamos a proposta con formación vocal da man de Xabier Mera, na que atoparás xente cos teus mesmos intereses e aulas da máxima calidade. Lembra que non precisas coñecementos previos para participar, só moita ilusión por formar parte deste exitoso programa!

  • Coro do Centro Xove (grupo de mañá): xoves de 11 a 13.
  • Coro do Centro Xove (grupo de tardes): luns  e xoves de 18 a 20.
  • Aulas de técnica vocal: luns e xoves de 17 a 18.
  • Nota: este curso é de duración anual. Para sumarte despois do mes de outubro, cómpre contactar co Centro Xove.

Obradoiro de narrativa breve para persoas adultas

Se queres coñecer a anatomía das historias, como facelas e contalas… esta é a túa proposta! Mancharemos as nosas mans de textos, traballando de forma práctica sobre a creación de historias. Non teñas medo e anímate a contar.

  • Horarios: 4 tardes de outubro e decembro (pendentes de confirmación).
  • Duración total: 10 horas.

Tes algunha dúbida ou consulta? Contacta co Centro Xove aquí.

Páxina non oficial do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s