Búscanse gorxas listas para cantar!

Sempre quixeches cantar e non atopas o sitio adecuado para compartir esa paixón?
Es cantante de ducha, karaoke, ou tal vez vas no coche cantando a todo volume coa radio posta?
Entón vén probar con nós, temos un sitio para ti!

Buscamos voces novas para incorporar ó Coro Compostela en Escena

Nel atoparás a día de hoxe a 15 rapaces e rapazas de entre 20 e 35 anos de idade (ben, o director é un pouco máis vello, haha!) con ganas de cantar, expresarse e de sumar novas gorxas.

O noso director é Xabier Mera, músico profesional en activo membro de varias bandas de jazz, así como compositor de teatro e bandas sonoras, promotor e xestor de iniciativas culturais ao redor da música e por suposto músico apaixonado e experimentado na dirección coral.

O repertorio é moderno: pop, soul, jazz, swing etc, e de cando en vez damos algún concerto. Gústanos pasalo ben en cada ensaio pero tamén temos compromiso co proxecto para traballar e mellorar de semana en semana. Temos paixón pola música ben feita!

Ensaiamos os luns e xoves, de 20:00 a 22:00h, de outubro a xuño, no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. A nosa actividade é totalmente gratuita. Si, si, de balde!

Como podes participar?

Facemos probas de ingreso os días 4 de abril (xoves) e 8 de abril (luns), de 19:00h a 20:30h.
Vén directamente calquera dos dous días nese horario e terás a posibilidade de cantar no coro mozo de música moderna do ciclo Compostela en Escena.

Tamén podes asegurar a túa praza para a proba escribindo a centros@serviplus.org ou vindo en persoa polo Centro Xove da Almáciga en horario de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 22 (agás o luns pola mañá, que pecha).

Terás prioridade para entrar se tes entre 14 e 35 anos e estás censado no Concello de Santiago de Compostela. Se non cumpres este requisito, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa prazas contaremos contigo! Así que iso, non deixes de apuntarte por iso. Xa sabes que es benvido no espazo.

Se non podes vir os días da proba, escríbenos ao mesmo correo para concertar cita individual co noso director artístico do coro. Hala, nada máis. Esperámosvos coas gorxas preparadas.

A cantar!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s