Lanzamos a programación de febreiro- xuño 2019 do Centro Xove!

Estamos encantados de presentar os novos cursos do Centro Xove. Unha vez máis, unha oferta que se apoia no que xa temos no espazo, e se complementa con propostas innovadoras para o mesmo. Imos?

prazo de inscrición prioritario para os cursos é do luns 11 ó venres 15 de febreiro. 

Queres coñecer de que vai a nosa nova programación?

Quen pode apuntarse ós cursos do CX?

Calquera, pero con algunhas condicións.

Terás prioridade se tes entre 14 e 35 anos e estás censado no Concello de Santiago de Compostela. Se non cumpres este requisito, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa plazas contaremos contigo!

Así que iso, non deixes de apuntarte. Xa sabes que eres benvido no espazo.

Onde me inscribo? Canto custan os cursos?

Podes inscribirte de forma presencial no propio Centro Xove entre o luns 11 e o venres 15 de febreiro. Atendemos inscricións: o luns de 16 a 22, martes, mércores e xoves de 10 a 14 e de 16 a 22, e o venres de 10 a 14.

Como é posible que xa saibas, os nosos cursos son subvencionados pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Isto quere dicir que, para ti, son de balde. Non pagas nada por participar, nin sequera polos materiais!

E como podes saber se estás dentro do curso? O venres 15 de febreiro pola tarde enviaremos un correo electrónico avisando. Revisa a túa bandexa de entrada ou, se non, pasa polo Centro Xove a partires do luns 18 de febreiro e comproba os listados que colgaremos no centro.

E teño que ter coñecementos previos para participar nos cursos?

Nada diso! Nos cursos sempre partimos dos coñecementos previos do alumnado participante, xa que asumimos que o que queres é aprender. Así que os nosos profesores, profesionais de prestixio, estarán felices de orientar ás formacións para que poidas aprender partindo dende a base.

Lembra que as nosas aulas son moi orientadas ó práctico, xa que o exceso de teoría non nos vai demasiado. A nosa idea é que, cando saias du curso, teñas aprendido algo novo e queiras saber máis sobre o tema. As clases están moi orientadas a crear un ambiente agradable e ameno, creando unha rede de compañeiros que vos faga sentir en total confianza no espazo.

PROGRAMACIÓN DO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA (FEBREIRO A XUÑO 2019)

OFERTA DE CURSOS DE FORMACIÓN

  • A duración de cada curso está indicada no mesmo.
  • Os materiais precisos para as actividades son subvencionados pola Concellaría de Mocidade.
  • Non é preciso contar con coñecementos previos para participar.

Urban Sketching

Manteremos as saídas do grupo de Urban Sketchers que comezamos este ano. Se queres coñecer xente á que lle vai o debuxo, andar pola cidade ilustrando, vente! Non importa o nivel de coñecementos que teñas. Nesta actividade cómpre que traias o teu propio material de debuxo,

  • Horarios: 1 sesión por semana (10 sesións en total), que se distribuirá entre os martes de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 (a convir co grupo).

Obradoiro de creación de cancións

Eres músico aficionado ou semi-profesional e gustaríache adquirir ferramentas para a composición de cancións propias? Sumérxete no marabilloso legado mundial da Canción no noso Obradoiro de creación de cancións. Imos descubrir e por en práctica chaves para desenvolver a nosa musicalidade dende o poder da palabra. ¿O obxectivo? Producir un traballo discográfico colectivo con as cancións creadas polos participantes durante as cinco semanas do obradoiro.

  • Información e preinscrición obrigatoria nesta ligazón.
  • Horarios: sábados de 10:30 a 13:30.
  • Datas: 2, 9, 16, e 23. Gravación: 30 de 09:00 a 21:00
  • Nota: este curso terá lugar no mes de marzo. Podes inscribirte ata o día 22 de febreiro.

Acroioga

Desenvolvemos a confianza en nós mesmos e os lazos entre o grupo a través dunha actividade que combina ioga e acrobacias. Comunicación, movemento, conexión coas persoas e xogos nunha proposta coa que poderás achegarte ó marabilloso mundo do ioga. Lembra que non precisas coñecementos previos para lanzarte!

  • Horarios:
    • Grupo 1: luns de 19:30 a 22:00.
    • Grupo 2: venres de 10:30 a 13:00.

Cursos de narración oral (3 módulos)

Ti xa tes moito que contar. Nós, o equipo do festival de contacontos “Atlántica”, dámosche as ferramentas para que contes. Unha aproximación ó mundo da narración oral adaptada a ti.

  • Horarios: os mércores de 18:00 a 20:00.

Grupo de teatro dx oprimidx

Lanzamos unha nova proposta teatral para o Centro Xove, da man do colectivo 100Tolas. Gústache o teatro? Queres formar parte dun grupo que explore esta disciplina? Anímate a participar!

  • Horarios: os martes de 17:00 a 19:00.
  • Nota: este curso comeza o 11 de marzo, rematando o 11 de xuño. Podes inscribirte ata o 22 de febreiro.

Laboratorio de guitarra (aulas de guitarra)

Tocar a guitarra é doado. Queres comprobalo? A través destas aulas en pequeno grupo, aprenderás nocións sobre o instrumento partindo do teu nivel. Contaremos con grupos de tamaño reducido, sesións maxistrais e ata pequenos concertos, se queres. Só precisas unha guitarra e moitas ganas de desfrutar da música!

  • Horarios:
    • Grupo 1: mércores de 12:00 a 13:30.
    • Grupo 2: mércores de 16:00 a 17:30.
    • Grupo 3: xoves de 17:00 a 18:30.
    • Nota: titorías e sesións maxistrais: a convir co profesor.

Descarboniza! Grupo de traballo sobre o cambio climático

O proxecto “Descarboniza! Que non é pouco…” chega ó Centro Xove. Formaremos un grupo de traballo e reflexión sobre o cambio climático, que se reunirá en 8 apaixoantes sesións cheas de debate e aprendizaxe. Contamos contigo!

  • Horarios: xoves do mes de marzo, de 18:00 a 20:00.
  • Nota: este curso comeza e remata en marzo. Podes inscribirte ata o 22 de febreiro.

Comunicación canina básica

Apostamos por esta formación impartida por un adestrador canino. Se queres aprender as nocións básicas da linguaxe e comunicación dos cans, fortalecer o teu vínculo emocional e mellorar o manexo do teu compañeiro animal… esta proposta é para ti (e para o teu canciño)!

Para participar, cómpre que traias ó teu can a unha pequena xuntanza previa co adestrador (para valorar o seu temperamento e adaptar á formacións os animais). Só terás que traer á túa mascota e moitas ganas de aprender!

  • Horarios: venres de 16:30 a 19:30.
  • Nota: este curso terá lugar todos os venres do mes de marzo e os dous primeiros de abril. Podes inscribirte ata o día 22 de febreiro.

Coro do Compostela en Escena

O coro moderno do programa Compostela en Escena segue a procurar voces que queiran sumarse ó proxecto. Formación vocal da man de Xabier Mera, na que atoparás xente cos teus mesmos intereses e unha formación da máxima calidade. Lembra que non precisas coñecementos previos para participar, só moita ilusión por formar parte deste exitoso programa!

  • Horario: luns e xoves de 20:00 a 22:00.

Tes algunha dúbida ou consulta? Contacta co Centro Xove aquí.

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s