O xoves 13 temos un CONCERTAZO no CX. Adiviña que bandas veñen!

Chegan ao seu fin os dous primeiros obradoiros de Jam de Barrio para a profesionalización de bandas emerxentes de Compostela.

Este xoves 13 de decembro, a partires das 19:30, se fará un concerto final onde as bandas contratadas a caché e poñerán en práctica no escenario do Centro Xove da Almáciga gran parte do aprendido durante estes rápidos e felices 3 meses. Ademais, Rebezo e Soulwide compartirán cartel e escenario cunha terceira banda profesional, a Bakin’ Blues Band, para logo tocar xuntos no final do mesmo evento nunha jam session (encontro e improvisación musical cuxa orixe vén da cultura afroamericana do blues) que dá nome e sentido a todo o que pretende Jam de Barrio.

A entrada é de balde e invitaremos a pinchos e bebida para celebrar xuntos o enorme potencial da escena musical de Compostela.

O concerto do xoves 13 ás 19:30 é de balde

jam de barrio cx

Cando Jam de Barrio remate o próximo día 13 neste concerto e jam session final, terán sido tres meses nos que dúas bandas locais (Rebezo e Soulwide) están dando o seguinte paso cara a súa profesionalización no sector cultural da música.

Cada un destes dous obradoiros está sendo coordinado por un músico profesional da escena galega, Xabier Mera e Olivier Cano, os cales lideran semanalmente as sesións de traballo con cada banda e acompañan todo o proceso de aprendizaxe. Ademais, tanto a banda Rebezo (folk inclasificable) como Soulwide (Rock-blues) están sendo acompañados puntualmente desde outubro por 6 especialistas en arranxos musicais, en música rock, folk, blues, así como expertos en gravación en estudio, loxística de son e en distribución musical. Deste xeito, profesionais recoñecidos do sector musical como Guille Fernández (De Vacas, Berrogüetto); Alberto Cereijo (N.E.O, Los Suaves) ou Patricia Hermida (manager de Agoraphobia), aportaron a súa experiencia e acompañamento aos membros das bandas.

Durante todo decembro as dúas bandas estarán na gravación e produción de cadansúa maqueta, outro dos obxectivos finais de Jam de Barrio. De seguro teremos máis novas no 2019 deste material e destas dúas bandas cheas de talento local. Longa vida á música!

Jam de Barrio ten clara vocación de continuidade e de converterse nun referente formativo e profesional para a escena musical de Santiago e de Galicia. O proxecto o é unha iniciativa levada a cabo por Xabier Mera dentro dos Orzamentos Participativos do Concello de Santiago de Compostela, co apoio da Concellaría de Mocidade, dentro dos locais do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga.

Vémonos o 13 de decembro!!!

Agradecementos:
Grazas especiais aos músicos/as, managers e técnicos/as profesionais que puxeron a súa experiencia ao 
servizo das bandas para darlles un pulo cara a súa profesionalización:
Guillerme Fernández (Berrogüetto, De Vacas), Alberto Cereijo (N.E.O, Los Suaves), Olivier Cano 
(Homes sen Medo, coordinador do obradoiro de Rebezo), 
Patricia Hermida (manager de Agoraphobia), Xabier Mera (Alo Django, director de Jam de Barrio 
e coordinador do obradoiro de Soulwide), 
Javier Turnes (Bakin' Blues Band), a toda a Bakin' Blues Band (Lucas, Fran, Ale, Turnes e Tato), 
Chus Silva (Aparato) Fon Botana (Resaca Brothers, xefe técnico de JDB), Aleixo (Isgal Eventos), 
Tomás Ageitos (Estudio A Ponte), Iaco Pico (A Pousada Studios), 
Suso, Belén e Adrián (traballadores do Centro Xove), e a 
Manolo e Noela (técnicos de Mocidade do Concello de Compostela). 

E por suposto, grazas infinitas aos verdadeiros/as protagonistas desta historia, polo seu traballo e ilusión:
Mar, Tomé, Aldara e Manuel (REBEZO).
Sara Abella, Sara Castelo, Santi, Mauro, Zeky e Lobato (SOULWIDE).

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s