Queres formar parte dun coro moi especial?

No Centro Xove buscamos gorxas listas para cantar!
Sempre quixeches cantar e non atopas o sitio adecuado para compartir esa paixón?
Es cantante de ducha, karaoke, ou tal vez vas no coche cantando a todo volume coa radio posta?
Entón vén probar con nós, temos un sitio para ti no Coro Compostela en Escena!

Participa no coro do Compostela en Escena 2018

Buscamos voces novas para incorporar ao noso coro mozo. Nel atoparás a día de hoxe a 15 rapaces e rapazas de ata 35 anos de idade  (ben, o director, Xabier Mera, é un pouco máis vello)  con ganas de cantar, expresarse e de sumar novas gorxas este ano. O repertorio é moderno: pop, soul, jazz, swing, etc., e de cando en vez, damos algún concerto .
Ensaiamos os luns e xoves, de 20:00h a 22:00h, de outubro a  xuño, no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. A nosa actividade é totalmente gratuíta. Si, si, de balde!
Podes inscribirte de forma presencial no propio Centro Xove entre o luns 1 e o venres 12 de outubro, sempre en horario de apertura. O horario de inscrición é de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 22 (agás o luns pola mañá, que pecha).
Terás prioridade se tes entre 14 e 35 anos e estás censado no Concello de Santiago de Compostela. Se non cumpres este requisito, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa prazas contaremos contigo! Así que iso, non deixes de apuntarte por iso. Xa sabes que es benvido no espazo.
Tamén podes pasarte ao comezo dun dos ensaios e vir probar, sen compromiso. Esperámosvos coas gorxas preparadas. A cantar!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s