Últimos días para inscribirse nos cursos do Centro Xove!

Xa foi aló a primeira semana de inscricións nos novos cursos do Centro Xove! Pasou moita xentiña polo noso espazo para participar… pero aínda hai sitio para máis!

Coa idea de que non perdades a oportunidade, imos recoller novamente algo de información sobre os cursos. Podedes inscribirvos ata o venres 12! Estamos no espazo de 10 a 14 e de 16 a 22 esta semana 🙂

Cursos abertos e horarios

  • Todas as actividades comezan a semana do 15 de outubro, rematando o venres 21 de decembro.
  • Os materiais precisos para as actividades son subvencionados pola Concellaría de Mocidade.
  • Non é preciso contar con coñecementos previos para participar.

Urban Sketching

Levaremos a cabo xuntanzas de grupo por Compostela, partindo do barrio da Almáciga. No proceso, elaboraremos un caderno de viaxe sobre a cidade, ilustrando as súas xentes e costumes en grupo. Aprenderás técnicas de debuxo, e completarás un fermoso caderno de viaxe.

  • Horarios: 1 sesión por semana os martes de 12:00 a 14:00 + saídas a convir co grupo.

Acroioga

Desenvolvemos a confianza en nós mesmos e os lazos entre o grupo a través dunha actividade que combina ioga e acrobacias. Comunicación, movemento, conexión coas persoas e xogos nunha proposta coa que poderás achegarte ó marabilloso mundo do ioga. Lembra que non precisas coñecementos previos para lanzarte!

  • Horarios:
    • Grupo 1: martes de 19:30 a 22:00.
    • Grupo 2: venres de 10:30 a 13:30.

Curso de narración oral

Ti xa tes moito que contar. Nós, o equipo do festival de contacontos “Atlántica”, dámosche as ferramentas para que contes. Unha aproximación ó mundo da narración oral adaptada a ti.

  • Horarios: os mércores de 18:00 a 20:00.

Teatreando (aulas de teatro)

Lanzamos unha nova proposta teatral para o Centro Xove, na que plantexamos unha formación básica neste apartado das artes escénicas. En Teatreandoaprenderás as nocións básicas de movemento, expresión, comunicación, creación e posta en escena dende o punto de vista do teatro moderno e experimental.

  • Horarios: os luns de 16:00 a 18:00.

Laboratorio de guitarra (aulas de guitarra)

Tocar a guitarra é doado. Queres comprobalo? A través destas aulas en pequeno grupo, aprenderás nocións sobre o instrumento partindo do teu nivel. Contaremos con grupos de tamaño reducido, sesións maxistrais e ata pequenos concertos, se queres. Só precisas unha guitarra e moitas ganas de desfrutar da música!

  • Horarios:
    • Grupo 1: mércores 12:00 a 14:00.
    • Grupo 2: xoves de 12:00 a 14:00.
    • Grupo 3: xoves de 16:00 a 18:00.
    • Titorías e sesións maxistrais: a convir co profesor.

Intensivo – obradoiro de cámara estenopeica e revelado

Descubriremos as claves e os misterios da cámara escura, que perdurou dende o mundo antigo para dar paso á cámara de fotos que coñecemos hoxe en día.

Construiremos a nosa propia cámara estenopéica e levaremos a cabo o proceso completo rematando co revelado das nosas fotografías.

  • Datas e horarios: venres 7 de decembro, de 17:00 a 20:00.

COMPOSTELA EN ESCENA

Un ano máis, o programa Compostela en Escena abre as súas portas para lanzar voces e artistas do teatro.

Da man dos nosos profesores, Xabier Mera (coro) e Artur Trillo (teatro), lanzamos esta proposta con carácter anual (outubro a xuño), que ten como obxectivo formar e proxectar o enorme talento da mocidade de Compostela.

Este ano conformaremos un grupo de coro moderno e outro de teatro. Lembra que non precisas coñecementos previos para participar, só moita ilusión por formar parte deste exitoso programa!

  • Horarios coro: luns e xoves de 20:00 a 22:00.
  • Horarios teatro: mércores de 19:30 a 22:00.

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s