Descobre a nova programación de outubro – decembro 2018 do Centro Xove!

Coa chegada do outono, comezan os novos cursos do Centro Xove. Traemos unha oferta ben xeitosa, con propostas innovadoras para o espazo.

prazo de inscrición para os cursos é do luns 1 ó venres 12 de outubro. Chegou a hora do bule-bule! Queres coñecer de que vai a nosa nova programación?

Pode apuntarse calquera ós cursos do Centro Xove?

A resposta breve é sí. Pero con algunhas condicións.

Terás prioridade se tes entre 14 e 35 anos e estás censado no Concello de Santiago de Compostela. Se non cumpres este requisito, podes inscribirte igualmente, pois no caso de que haxa plazas contaremos contigo!

Así que iso, non deixes de apuntarte por iso. Xa sabes que eres benvido no espazo.

Onde me inscribo? Canto custan os cursos?

Podes inscribirte de forma presencial no propio Centro Xove entre o luns 1 e o venres 12 de outubro, sempre en horario de apertura. O horario de inscrición é de luns a venres, de 10 a 14 e de 16 a 22 (agás o luns pola mañá, que pechamos).

Como é posible que xa saibas, os nosos cursos son subvencionados pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Isto quere dicir que, para ti, son de balde. Non pagas nada por participar, nin sequera polos materiais!

E como podes saber se estás dentro do curso? O sábado 13 de outubro enviaremos un correo electrónico avisando. Revisa a túa bandexa de entrada ou, se non, pasa polo Centro Xove a partires do luns 15 de outubro e comproba os listados que colgaremos. Nos dous casos terás dispoñibles os listados de participantes, e as listas de agarda.

E teño que ter coñecementos previos para participar nos cursos?

Nada diso! Nos cursos sempre partimos dos coñecementos previos do alumnado participante, xa que asumimos que o que queres é aprender. Así que os nosos profesores, profesionais de prestixio, estarán felices de orientar ás formacións para que poidas aprender partindo dende a base.

Lembra que as nosas aulas son moi orientadas ó práctico, xa que o exceso de teoría non nos vai demasiado. A nosa idea é que, cando saias du curso, teñas aprendido algo novo e queiras saber máis sobre o tema. As clases están moi orientadas a crear un ambiente agradable e ameno, creando unha rede de compañeiros que vos faga sentir en total confianza no espazo.

PROGRAMACIÓN DO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA (OUTUBRO A DECEMBRO 2018)

OFERTA DE CURSOS DE FORMACIÓN

  • Todas as actividades comezan a semana do 15 de outubro, rematando o venres 21 de decembro.
  • Os materiais precisos para as actividades son subvencionados pola Concellaría de Mocidade.
  • Non é preciso contar con coñecementos previos para participar.

Urban Sketching

Levaremos a cabo xuntanzas de grupo por Compostela, partindo do barrio da Almáciga. No proceso, elaboraremos un caderno de viaxe sobre a cidade, ilustrando as súas xentes e costumes en grupo. Aprenderás técnicas de debuxo, e completarás un fermoso caderno de viaxe.

  • Horarios: 1 sesión por semana os martes de 12:00 a 14:00 + saídas a convir co grupo.

Acroioga

Desenvolvemos a confianza en nós mesmos e os lazos entre o grupo a través dunha actividade que combina ioga e acrobacias. Comunicación, movemento, conexión coas persoas e xogos nunha proposta coa que poderás achegarte ó marabilloso mundo do ioga. Lembra que non precisas coñecementos previos para lanzarte!

  • Horarios:
    • Grupo 1: martes de 19:30 a 22:00.
    • Grupo 2: venres de 10:30 a 13:30.

Curso de narración oral

Ti xa tes moito que contar. Nós, o equipo do festival de contacontos “Atlántica”, dámosche as ferramentas para que contes. Unha aproximación ó mundo da narración oral adaptada a ti.

  • Horarios: os mércores de 18:00 a 20:00.

Teatreando (aulas de teatro)

Lanzamos unha nova proposta teatral para o Centro Xove, na que plantexamos unha formación básica neste apartado das artes escénicas. En Teatreando aprenderás as nocións básicas de movemento, expresión, comunicación, creación e posta en escena dende o punto de vista do teatro moderno e experimental.

  • Horarios: os luns de 16:00 a 18:00.

Laboratorio de guitarra (aulas de guitarra)

Tocar a guitarra é doado. Queres comprobalo? A través destas aulas en pequeno grupo, aprenderás nocións sobre o instrumento partindo do teu nivel. Contaremos con grupos de tamaño reducido, sesións maxistrais e ata pequenos concertos, se queres. Só precisas unha guitarra e moitas ganas de desfrutar da música!

  • Horarios:
    • Grupo 1: mércores 12:00 a 14:00.
    • Grupo 2: xoves de 12:00 a 14:00.
    • Grupo 3: xoves de 16:00 a 18:00.
    • Titorías e sesións maxistrais: a convir co profesor.

Intensivo – obradoiro de cámara estenopeica e revelado

Descubriremos as claves e os misterios da cámara escura, que perdurou dende o mundo antigo para dar paso á cámara de fotos que coñecemos hoxe en día.

Construiremos a nosa propia cámara estenopéica e levaremos a cabo o proceso completo rematando co revelado das nosas fotografías.

  • Datas e horarios: venres 7 de decembro, de 17:00 a 20:00.

COMPOSTELA EN ESCENA

Un ano máis, o programa Compostela en Escena abre as súas portas para lanzar voces e artistas do teatro.

Da man dos nosos profesores, Xabier Mera (coro) e Artur Trillo (teatro), lanzamos esta proposta con carácter anual (outubro a xuño), que ten como obxectivo formar e proxectar o enorme talento da mocidade de Compostela.

Este ano conformaremos un grupo de coro moderno e outro de teatro. Lembra que non precisas coñecementos previos para participar, só moita ilusión por formar parte deste exitoso programa!

  • Horarios coro: luns e xoves de 20:00 a 22:00.
  • Horarios teatro: mércores de 19:30 a 22:00.
  1. Eva Esteban Cardeñosa 07/10/2018 en 13:33

    Hola,

    Sabeis ya si en los proximos trimestres habrá curso de percusion, como el año pasado? Estaría interesada, y no quisiera perdérmelo por no enterarme

    Gracias!
    Un saludo

    Me gusta

    Responder

    1. Seguro que sí. Avisaremos pola web e redes sociais cando o lancemos!

      Me gusta

      Responder

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s