E ti, terás serpes na cachola? Descubre o novo laboratorio de creación do CX!

No Centro Xove lanzamos unha nova proposta para xente creativa: Serpes na Cachola. Trátase dun punto de encontro para a creación entre artistas de diferentes disciplinasNon é unha escola de formación, pois está orientado a persoas que practican e dominan algunha das disciplinas desta proposta. Tampouco, pois, un espazo de iniciación, pero sí de aprendizaxe.

E cales son esas disciplinas? Audiovisual, fotografía, escrita (narrativa e poesía), música, pintura e danza! Terá lugar no Centro Xove da Almáciga e partires de maio, e a inscrición será de balde.

Serpes na Cachola: un punto de encontro para persoas creativas

Se queres participar nesta proposta, poderás inscribirte dende o 28 de maio ó 1 de xuño no propio Centro Xove da Almáciga. Podes apuntarte por teléfono, correo electrónico ou directamente pasando polo espazo. Dispoñemos de 20 prazas!

As datas e horarios da formación son todos os mércores de xuño e xullo de 10 a 14 horas, comenzando o día 6 de xuño. É fundamental que acudas á primeira sesión, xa que alí organizaremos todo. A inscrición, como xa indicamos é gratuita, malia que confiamos no teu compromiso ó solicitar a praza.

Cal é o obxectivo de Serpes na Cachola?

O máis importante desta proposta é a idea de crear comunidade entre persoas. Con todo, é un espazo orientado á creación multidisciplinar, un punto de encontro para a contorna do Centro Xove que sitúa no centro ás persoas con inquedanzas creativas.

Este é un proxecto pioneiro en Santiago de Compostela, que chega ó CX a través de Serpes na Cachola. Se queres saber máis, lembra que podes contactar co Centro Xove e estaremos encantados de atenderte. Bulide que as prazas voan, e agradecemos que compartades esta información!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s