3 actividades no CX que non quererás perderte

No Centro Xove temos 3 novas propostas para ti, que terán lugar ó longo dos meses de maio e xuño.

Son propostas diversas e formativas, das que poderás tomar parte sen gastar un peso, e que teñen como temática o compromiso social. Queres coñecelas?

3 actividades formativas no CX

  • Obradoiro de Break-dance (4 de maio ás 18:30): o artista Dani Pannullo visita Compostela co seu espectáculo de danza urbana e contemporánea, que deixa no Centro Xove unha formación para persoas interesadas na disciplina de break-dance. A inscrición é de balde, e pode facerse dende xa escribindo a teatroprincipal@santiagodecompostela.gal
  • Obradoiro de Resolver Conflictos co Teatro da Escoita + Teatro “Imposible matar la belleza” (16 de maio, formación de 16 a 20 e espectáculo ás 21:30): a formación está orientada a docentes e persoas interesadas na resolución de conflitos a través do teatro como ferramenta. Na posta en escena de teatro actuará o docente, tratándose dun monólogo construido con diálogos, de 70 minutos duración, no que o protagonista da voz a varios personaxes. A inscrición na formación xa pode realizarse gratis e presencialmente no Centro Xove, sendo a entrada ó evento tamén de balde ata completar aforo.
  • Obradoiro Desmontaxe de bulos e fake news (4 de xuño ás 16): coa colaboración da ONGD Ecos do Sur. A través dunha sesión dinámica, promóvese un fact checking (verificación de feitos) grupal sobre un bulo viral nas Redes Sociais, desgranando de forma colectiva os puntos clave nos que debemos fixarnos ante unha información para descubrir se é un feito verdadeiro, ou se nos intentan enganar. A inscrición xa pode tramitarse de forma presencial no Centro Xove.

Todas as formacións están destinadas a persoas de entre 16 e 35, con preferencia daquelas empadroadas no Concello de Santiago de Compostela. Con todo, se estás interesado en participar, achégate polo Centro Xove e estaremos encantados de informarte! Alternativamente, podes escribirnos un correo coas túas dúbidas premendo aquí.

Como sempre, agradecemos un montón a túa difusión polas redes sociais. Moitas grazas e vémonos pronto!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s