Lanzamos o primeiro roteiro do Centro Xove!

No Centro Xove da Almáciga presentamos o roteiro Cando as periferias explican o mundo.

Trátase dunha proposta vencellada ó compromiso que temos no espazo coa narración oral, no que Manuel Gago presentará ós asistentes unha perspectiva ben diferente sobre a zona da Almáciga.

Esta proposta, como podedes imaxinar, está vencellada ó Festival Atlántica, e propón un roteiro ameno contra á última hora do día. Terá lugar o vindeiro 20 de marzo ás 18:30. Queres participar?

Como inscribirse no roteiro Cando as periferias explican o mundo?

O roteiro está subvencionado pola Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela, polo que a inscrición é de balde. Con todo, as prazas son limitadas, polo que para participar cómpre que vos pasedes polo propio Centro Xove entre o luns 12 e o venres 16 de marzo (ata as 14:00).

O propio venres 16, ó longo da tarde, comunicaremos ós inscritos o listado de participantes por correo electrónico. Podedes descargar o cartaz do evento nesta ligazón.

Lembrade que se tedes algunha dúbida, podedes contactar co Centro Xove e estaremos encantados de atendervos. Agradecemos a difusión polas redes, para que non quede nin unha praza neste fabuloso roteiro!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s