Queres coñecer os novos cursos do Centro Xove?

No Centro Xove da Almáciga traemos unha nova programación para vós. Xa tiñamos ganas!

O primeiro, lembrarvos que os nosos cursos son subvencionados pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Isto quere dicir que a inscrición é de balde. Non tedes que pagarnos nada! Pero sí esperamos que veñades a aqueles nos que formalicedes a inscrición 🙂

fachada do edificio do centro xove da almaciga

Información sobre os cursos de febreiro á xuño no Centro Xove

Desta volta, a programación abrangue do 5 de marzo ó 22 de xuño. A oferta de formacións parte, coma sempre, da base, polo que só nos casos nos que se indica é preciso ter algún coñecemento previo sobre o tema. Vide sen medo!

Artes marciais históricas europeas

Unha viaxe polas artes marciais europeas nas que, de maneira práctica, poderás experimentar e aprender a manexar diferentes armas e defensas históricas.

  • Datas e horarios: 2 sesións por mes, os venres de 17:30 a 20:30 (9 e 23 de marzo/13 e 20 de abril/11 e 25 de maio/8 e 22 de xuño).

Percusión africana

Asómate á forma de tocar, entender e vivir a música africana da man dos nosos mestres. Comezamos dende a base e non precisas traer instrumento. Só moita ilusión e ganas de desfrutar nas aulas!

  • Datas e horarios: os luns de 18:00 a 20:00, do 5 de marzo ó 21 de maio.

Curso de narración oral

Ti xa tes moito que contar. Nós, o equipo do festival de contacontos “Atlántica”, dámosche as ferramentas para que contes. Unha aproximación ó mundo da narración oral adaptada a ti.

  • Datas e horarios: os mércores de 18:00 a 20:00, do 7 de marzo ó 20 de xuño.

Caligrafía e lettering

Iníciate nos deseños caligráficos e no apaixonante mundo do lettering no Centro Xove. Aprenderás técnicas, crearás deseños e terás a oportunidade de deixar a túa pegada no espazo. Nós poñemos os materiais, polo que só precisas animarte a participar!

  • Datas e horarios: os xoves de 18:00 a 20:00, do 8 de marzo ó 21 de xuño.

Laboratorio de guitarra

Tocar a guitarra é doado. Queres comprobalo? A través destas aulas en pequeno grupo, aprenderás nocións sobre o instrumento partindo do teu nivel. Só precisas unha guitarra e moitas ganas de desfrutar da música.

  • Datas e horarios: os xoves, do 8 de marzo ó 21 de xuño.
    • Grupo 1: 12:00 a 14:00.
    • Grupo 2: 16:00 a 18:00.

Laboratorio de movemento

Un espazo no que descubrir e desfrutar o movemento. Aprenderemos a estar máis presentes no noso día a día e agudizaremos os nosos sentidos, traballando a partir de técnicas da danza, a expresión corporal ou o clown.

  • Datas e horarios: os martes de 18:00 a 19:30, do 13 de marzo ó 19 de xuño.

Aulas de autodefensa para mulleres

Preinscrición: o curso terá lugar nos vindeiros meses (previsión: abril).

A través da Autodefensa creamos e ampliamos posibilidades fronte ás violencias machistas e posibilidades de vida. Traballamos de forma completa: física, psicolóxica, emocional, etc. Non precisas experiencia previa. Queremos compartir as aulas contigo. Esperámoste.

Intensivos de fotografía

4 módulos intensivos de 4 horas, para aprender as bases da fotografía de maneira áxil e directa.

  • Datas e horarios: venres de 16:00 a 20:00.
    • Coñece a túa cámara: 9 de marzo. Require cámara (réflex) dixital.
    • Retoque dixital: 27 de abril. Require ordenador con versión de proba de Lightroom e pequena selección de imaxes propias.
    • Da teoría á práctica fotográfica: 18 de maio. Require cámara (réflex) dixital.
    • Desenvolvendo o teu proxecto: 15 de xuño. Require unha selección de imaxes propias.

Intensivos de ilustración

3 módulos intensivos de ilustración, onde atoparás diferentes técnicas e adquirirás ferramentas útiles para expresar a túa arte.

  • Datas e horarios: venres de 17:00 a 20:00.
    • Iniciación ó debuxo dixital: 6 de abril. Require ordenador ou Tablet, Photoshop e nocións básicas do seu uso.
    • Deseño de carteis: 4 de maio. Require ordenador ou Tablet, Photoshop e nocións básicas do seu uso.
    • Ilustración de poemas: 1 de xuño.

Intensivos de introdución á robótica (Arduino 1.01)

Aprenderás a manexar Arduino, conectando con compoñentes electrónicos. Iníciate na robótica coma parte fundamental da electrónica, utilizando hardware e software libre.

  • Datas e horarios: sábados de 10:00 a 13:00.
    • Iniciación á robótica (quenda 1): 31 de marzo.
    • Iniciación á robótica (quenda 2): 28 de abril.
    • Robótica con motores (require asistir a un dos cursos de iniciación): 26 de maio.

*Recomendable vir en grupos de dúas persoas.

 

Queres inscribirte nos nosos cursos?

Para inscribirte nos cursos do Centro Xove da Almáciga, só terás que achegarte polo espazo entre o martes 27 e o venres 2 de marzo, ambos incluidos. O horario de inscrición é de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 (agás o venres, que será ata as 14:00).

Pode inscribirse calquer persoa, malia que terán prioridade á hora de acceder ós cursos as empadroadas en Santiago de Compostela, con idades entre os 14 e os 35 anos. Durante a inscrición precisaremos o teu DNI ou documento oficial de identidade. Por iso, agás no caso dos menores, terás que vir ti persoalmente a tramitar a túa inscrición!

Se tiveses algunha dúbida, podes empregar o formulario de contacto ou chamarnos, e estaremos felices de asesorarte (podes ver máis información sobre como inscribirte aquí). Agradecemos que compartades esta información polas redes sociais, de maneira que chegue a moita máis xente. Graciñas!!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s