¿Queres saber máis sobre os novos cursos do Centro Xove? ¡Descarga toda a información!

Como xa sabes, onte abrimos as inscricións nos novos cursos do Centro Xove da Almáciga para os meses de outubro a decembro. Malia que tentamos poñer moita información, algunhas persoas comentan que queren máis datos do que imos facer por aquí. E nós, coma sempre, respondemos axiña!

Se queres coñecer con detalle os cursos ou participar no Compostela en Escena, recollemos os seus contido, horarios, datas de impartición e docentes neste documento. Só tes que premer na ligazón de abaixo para descargar a información. E logo pasarlla á túa xentiña polas redes sociais 🙂

Descargar Actividades do Centro Xove outubro-decembro 2017

Por outra banda, lembrarte que podes formalizar dende xa a túa inscrición no propio Centro Xove en horario de 10 a 14 e de 16 a 20, ata o vindeiro mércores 11 de outubro (incluido).

Os nosos cursos son de balde subvencionados pola Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela. Para inscribirte só precisas vir por aquí co teu DNI… e nada máis!

Se tiveses algunha dúbida ou queres falar con nós, lembra que podes pasar por aquí, contactar co Centro Xove da Almáciga, chamarnos ou mandar WhatsApp/Telegram ó 681 601 920. Estaremos felices de orientarte sobre o que precises. Inscríbete xa que as prazas voan!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s