Abrimos inscricións para os novos cursos no Centro Xove

A nova programación do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga foi presentada hoxe en rolda de prensa e… ven cargadiña con máis de 20 propostas para ti! Queres inscribirte? Continúa lendo, que velaquí vai toda a información que precisas 🙂

programacion centro xove 2017

Como sei se podo apuntarme ós cursos do Centro Xove?

Se tes entre 14 e 35 anos e estás censado no Concello de Santiago de Compostela, contarás coa máxima prioridade para inscribirte. Se estudas, traballas ou xa pasas dos 35 tamén podes apuntarte, malia que terás menor prioridade. Pero non deixes de facelo!

Onde podo facelo? Canto custa cada curso?

Poderás inscribirte só de forma presencial no Centro Xove do mércores 4 ó mércores 11 de outubro, ámbolos dous incluidos. O horario de inscrición é de 10 a 14 polas mañás, e de 16 a 20 polas tardes.

Os nosos cursos están subvencionados pola Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Por iso, a inscrición é de balde para ti. Non terás que pagar nada! A cambio só pedimos que te comprometas a vir 🙂

As persoas participantes nos cursos serán avisadas por correo electrónico nos días 12 e 13 de outubro, nos que tamén faremos públicos os listados no propio Centro Xove, así coma as listas de agarda.

Debo ter coñecementos previos para os cursos? Como son?

Para nada! Os nosos cursos parten dos coñecementos do propio alumnado, e asumimos que se te inscribes é precisamente para aprender. Os nosos docentes, profesionais de recoñecido prestixio, estarán felices de comezar a formación partindo dende a base.

As sesións de aulas son, sobre todo, prácticas. Procuramos que, unha vez saias da clase, teñas aprendido algo novo e desexes regresar canto antes para descubrir máis cousas. Todo nun ambiente agradable, creando rede entre compañeiros, para que te sintas a gusto.

PROGRAMACIÓN DO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA (OUTUBRO A DECEMBRO 2017)

OFERTA DE CURSOS DE FORMACIÓN

ILUSTRACIÓN (para quen algo xa sabe) – Módulo I

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 16/10/17 ó 13/11/17.
  • Horario: luns de 16 a 18 horas (10 horas).
  • Requisitos adicionais: ningún.
  • Imparte: Xosé Tomás.

ILUSTRACIÓN (para quen algo xa sabe) – Módulo II

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 20/11/17 ó 18/12/17.
  • Horario: luns de 16 a 18 horas (10 horas).
  • Requisitos adicionais: ningún.
  • Imparte: Xosé Tomás.

FOTOGRAFÍA BÁSICA – Módulo I

  • Prazas ofertadas: 22.
  • Duración: 16/10/17 ó 13/11/17.
  • Horario: luns de 18 a 20 horas (10 horas).
  • Requisitos adicionais: cámara réflex ou compacta (mínimo cámara con modo manual).
  • Imparte: Matteo Bertolino.

FOTOGRAFÍA APLICADA – Módulo II

  • Prazas ofertadas: 22.
  • Duración: 20/11/17 ó 18/12/17.
  • Horario: luns de 18 a 20 horas (10 horas).
  • Requisitos adicionais: participar no módulo I, ou ter un certo coñecemento sobre fotograía. Cámara réflex ou compacta (mínimo cámara con modo manual).
  • Imparte: Matteo Bertolino.

LABORATORIO DE GUITARRA

  • Prazas ofertadas: 5 grupos (6 prazas por grupo).
  • Duración: 17/10/17 ó 21/12/17.
  • Horarios dos grupos: martes (16 a 17), mércores (12 a 13 e 13 a 14), xoves (12 a 13 e 13 a 14).
  • Requisitos adicionais: guitarra acústica, clásica ou eléctrica.
  • Imparte: Miguel Martínez.

LABORATORIO DE CREACIÓN TEATRAL

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 18/10/17 ó 20/12/17.
  • Horario: mércores de 16 a 18 horas (20 horas).
  • Requisitos adicionais: ningún.
  • Imparte: César No.

CURSO DE NARRACIÓN ORAL

  • Prazas ofertadas: 20.
  • Duración: 18/10/17 ó 20/12/17.
  • Horario: mércores de 18 a 20 horas (20 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: equipo de Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral.

O CANTO E OS DIFERENTES ESTILOS MUSICAIS

  • Prazas ofertadas: 17.
  • Duración: 19/10/17 ó 16/11/17.
  • Horario: xoves de 16 a 18 horas (10 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Pablo Ferradás.

O MUSICAL: TÉCNICA E INTERPRETACIÓN VOCAL

  • Prazas ofertadas: 17.
  • Duración: 23/11/17 ó 21/12/17.
  • Horario: xoves de 16 a 18 horas (10 horas).
  • Requisitos adicionais: ter unhas nocións elementais de canto.
  • Imparte: Pablo Ferradás.

ESCULTURA PARA PLANTAS

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 19/10/17 ó 26/10/17.
  • Horario: xoves de 18 a 20 horas (4 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Adrián Taracido.

ESCULTURA MAGNÉTICA (figuras de escaiola con imán)

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 2/10/17 ó 23/10/17.
  • Horario: xoves de 18 a 20 horas (8 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Adrián Taracido.

ESCULPINDO A TÚA CARA

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 30/11/17 ó 21/12/17.
  • Horario: xoves de 18 a 20 horas (8 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Adrián Taracido.

O CINE EXPLICADO

  • Prazas ofertadas: 22.
  • Duración: 19/10/17 ó 14/12/17.
  • Horario: xoves de 20 a 21:30 horas (12 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Diego Vázquez.

LABORATORIO DE DOCUMENTAL AMBIENTAL

  • Prazas ofertadas: 17.
  • Duración: 20/10/17 ó 22/12/17.
  • Horario: venres de 11 a 14 horas (30 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Cora Peña.

INICIACIÓN Á ARTE URBANA: creatividade + espazo público + colectividade

  • Prazas ofertadas: 30.
  • Duración: 20/10/17 ó 22/12/17.
  • Horario: venres de 16 a 18 horas (20 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Diana Rodeiro, Eva Agra e Clara R. Cordeiro.

LABORATORIO DE ARTE CONTEMPORÁNEO

  • Prazas ofertadas: 22.
  • Duración: 20/10/17 ó 22/12/17.
  • Horario: venres de 18:30 a 21:30 horas (30 horas).
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Tomás Riddle.

AULAS DE AUTODEFENSA PARA MULLERES

  • Prazas ofertadas: 2 grupos (40 prazas por grupo).
  • Duración: 17/10/17 ó 19/12/17.
  • Horario: martes de 13 a 14 ou de 17 a 18.
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Mai Insua e Cristy Tojo.

MONOGRÁFICOS E INTERVENCIÓNS PUNTUAIS

ESCOLA DE ANTROPOLOXÍA URBANA

  • Prazas ofertadas: 23 por experiencia (podes inscribirte nas que queiras).
  • Intervencións:
    • 17-24/10/17: Mitonautas. Grupo de análise e prospección de mitoloxías populares urbanas.
    • 31/10 e 7/11/17: Caza de símbolos. Grupo de observación e descrición de simbolismo na cidade.
    • 14-21/11/17: Criptofalas. Obradoiro de linguaxes non verbais.
    • 28/11/17 e 12/12/17: Ecos de Compostela. Grupo de investigación e experimentación en Etnografía Urbana.
    • 19-20/12/17: Paseo Sonoro. Deriva urbana e escoita de sons na cidade.
  • Horario: martes de 18 a 19:30 horas.
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Ab Origine (Rafael Quintía e Miguel Alonso).

ESPAZOS RESISTENCIA – Humanizando o Centro Xove

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 18 (merenda creativa), 25 e 30 de outubro.
  • Horario:  de18 a 20 horas.
  • Requisitos adicionais: non.
  • Imparte: Colectivo Kokedama.

INTRODUCIÓN Á ROBÓTICA (Arduino 1.01)

  • Prazas ofertadas: 20 (recomendable vir en parellas).
  • Duración: 11/11/17.
  • Horario: sábado de 10 a 13 (3 horas).
  • Requisitos adicionais: consultar no CX.
  • Imparte: Membros do Recuncho Maker.

Queres inscribirte ou precisas máis información?

 

Se queres inscribirte deberás pasar persoalmente polo Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga do mércores 4 de outubro ó mércores 11 de outubro, en horario de 10 a 14 e de 16 a 20. Non poderás facelo fóra de prazo!

Se precisas máis información, xa sabes que atendemos vía correo electrónico, podes chamarnos ó 681 601 920 ou enviarnos un WhatsApp/Telegram.

Lembra que, para estar ó día de todo, podes seguirnos no noso Facebook. Agradecemos moito que compartas esta información polas túas redes, para que chegue a toda a xentiña que lle poida interesar. Apertas!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s