O incríble clube de xogos Almazinger Z

No Centro Xove da Almáciga xa temos acollido algunhas iniciativas dos orzamentos participativos, entre as que hoxe queremos destacar o clube de xogos Almazinger Z. De que vai? Básicamente de quedar para xogar a xogos de mesa, rol ou estratexia unha vez por semana. Nesta entrada tes toda a información que precisas para participar!

O clube, cuxa entrada é aberta e de balde para calquer persoa que desexe sumarse (a partires dos 16 anos), conta cunha ludoteca xeitosa, na que poderás atopar clásicos dos xogos de mesa e rol. As xuntanzas, que toman a forma de Noites de Xogo, sendo o mellor que te sumes ó grupo no Facebook para non perder ningunha! Durante o mes de xuño, e especialmente no verán, serán un evento semanal que non podes perder. Tamén poderás revisar o apartado do calendario do Centro Xove para saber cando quedamos.

As Noites de Xogos teñen lugar no propio Centro Xove da Almáciga, e case sempre xúntase xente que ven xogar sen saber ó que. Non hai problema! Podes vir tanto se eres experto en xogos coma se é a primeira vez na túa vida e queres probar a ver que tal. No clube procuramos explicar todo dunha forma sinxela e aberta, descubrindo xuntos diferentes opcións e pasando así un rato ben agradable!

Tamén é importante indicar que podes vir cos teus amigos e ocupar unha mesa de xogo propia, non sendo preciso que avises. O clube lanza as súas propostas, pero tamén é un espazo no que a xente de Compostela pode xogar partidas cos amigos, ou coñecer máis xentiña coa que xogar. Por outra banda, lembrade que a ludoteca é pública, polo que calquera pode coller un xogo e desfrutalo. Compartimos! E é que neste clube todo se decide entre os asistentes, en tanto que é unha iniciativa que nace dos Orzamentos Participativos do Concello de Santiago de Compostela.

Se te chama a idea de participar no clube de xogos Almazinger Z, preme nesta ligazón para visitar ó grupo no Facebook, onde poderás presentarte á comunidade… e non o dubides: pásate pola seguinte quedada: estaremos encantados de coñecerte!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s