Resultados da primeira Xuntanza da Xentiña do Centro Xove

No Centro Xove da Almáciga consideramos esencial escoitar a vosa voz e implicarvos na toma de decisións sobre o espazo. Cremos nun modelo de xestión compartida, no que exista a posibilidade de achegar ideas, propostas concretas e suxestións para mellorar o centro… pero tamén no que poidades aproveitar as instalacións dunha forma autónoma. Por iso lanzamos a proposta dunha xuntanza, na que compartimos ideas e tomamos decisións conxuntamente. Velaquí os resultados.

Propostas e toma de decisións tras a xuntanza

De seguido recollemos non só as ideas que achegaron ós asistentes á xuntanza, senón tamén a nosa resposta (en letra cursiva), que tomará forma de intervención para mellorar o servizo que brindamos:

  • Ampliar a oferta de formación: plantexar cursos concretos (circo, xoiaría, cosmética natural, maxia e caligrafía). Estamos a traballar a fin de implementar ditas propostas na oferta de formación do trimestre outubro-decembro. Tamén lanzaremos propostas de roteiros, aulas máis intensivas e breves así coma en horario de mañá.
  • Mellorar a xestión da oferta de prazas: debido a que algúns usuarios abandonan os cursos e ditas prazas non sempre son cubertas, cómpre axilizar o sistema para que non quede xente interesada fóra dos cursos. Con respecto a isto, nesta segunda programación temos axilizado significativamente a rotación, acadando mellores resultados na retención de usuarios. Malia isto, na proposta de outubro tomaremos medidas para evitar inscricións de persoas que non teñen intención de participar de forma seria nas aulas. Non queremos que perdades os cursos!
  • Mellorar os carteis de información sobre o Centro Xove, así coma o acceso para persoas con mobilidade reducida, conexión segura a Internet e materiais: procurar evitar as situacións de dificultade na identificación do espazo ou acceso ó mesmo, dotándoo de máis e mellores recursos para o desfrute das instalacións por parte dos usuarios. Esta demanda supón varias xestións que iniciaremos de maneira inmediata: por unha parte solicitaremos ó Concello de Santiago de Compostela que nos facilite carteis que identifiquen nas zonas próximas ó centro a súa ubicación, de maneira que non vos perdades ó visitarnos! Por outro lado, remitiremos un informe sobre melloras da calzada para facilitar ó acceso a persoas con mobilidade reducida, xa que o centro está adaptado para que poidan participar del e queremos que isto sexa posible. Con respecto á conexión á rede e ampliación dos materiais dispoñibles, elevaremos as vosas inquedanzas á Concellaría de Mocidade, de maneira que pouco a pouco sexa posible ir mellorando as instalacións. Tede en conta que non levamos nin seis meses funcionando e xa se introduciron melloras clave no servizo, malia o que sabemos que próximamente contaremos con máis recursos para o centro.
  • Falta de transparencia nos criterios de acceso ós cursos: clarificar cales son os criterios de acceso ós cursos e facer públicos as listaxes. Elaboraremos un artigo na web informando disto con detalle de maneira inmediata e, de cara á programación de outubro, tentaremos que ditas listaxes sexan publicadas no propio Centro Xove (xa que publicar os datos en Internet é improcedente polas leis de protección de datos).
  • Avanzar cara un Centro Xove máis acolledor: mellorar a apariencia das instalacións, cunha imaxe máis acorde ó espazo. Grazas ó apoio da Concellaría de Mocidade estamos a preparar unha sorpresa coa parte exterior do centro. Tamén plantexaremos modificacións nos interiores, de maneira que percibades un centro moito máis acolledor á volta do verán!
  • Humanizar os espazos do centro: procurar que cando visites as instalacións non sexa só para atender á vosa formación ou evento, senón que haxa unha oferta alternativa (a saber, instalación dunha zona con máquinas expendedoras, un punto de intercambio de libros, ludoteca e rincóns con propostas temporais, coma exposicións). Elaboraremos un plan de intervención nesa dirección con efecto inmediato, de maneira que poidamos implementar todo isto á maior brevidade e de maneira progresiva.
  • Acadar unha maior visibilidade entre a mocidade: chegar a novos colectivos de persoas que, probablemente, aínda non coñecen o Centro Xove e, polo tanto, non poden beneficiarse do servizo. Seguimos traballando moito a web e as redes sociais, ampliando a nosa atención vía WhatsApp e Telegram; con todo durante o mes de maio abriremos canle en YouTube e, xa no mes de setembro, lanzaremos unha campaña en redes sociais e zonas estratéxicas da cidade para que saibades que estamos aquí.
  • Maior colaboración con asociacións e propostas de xestión compartida: crear canles para vincular co Centro Xove ás asociacións e entidades interesadas en participar da nosa programación, así coma espazos para propoñer eventos e iniciativas concretas (a saber, xestión dunha horta que beneficie á propia comunidade, ciclos de cine, festas e noites temáticas en momentos concretos do ano). Próximamente publicaremos na páxina un artigo que facilite ó máximo a posibilidade de que traiades propostas ó espazo que requiran unha labor meramente colaborativa pola nosa parte, ó que sumaremos información abundante para asociacións e outros grupos que poidan estar interesados en participar (xa tivemos algunha experiencia exitosa nese sentido). Por outra parte procuraremos incentivar que os propios usuarios lancen propostas autoxestionadas que lles empoderen, e estableceremos contactos coa Concellaría de Mocidade a fin de solicitar unha das hortas públicas situadas preto do Centro Xove para a súa xestión por parte dos usuarios do espazo (cedendo logo os froitos á comunidade).

Dende o equipo do Centro Xove da Almáciga queremos agradecervos as vosas suxestións e propostas de mellora! Traballaremos arreo para implementar todo isto tan pronto coma sexa posible, coma sempre co apoio da Concellaría de Mocidade do Concello de Santiago, da que depende este servizo. Mentres tanto, non deixedes de pasar polo noso Facebook para compartir ideas e estar o día das nosas novidades… e non perdervos a seguinte xuntanza que organizaremos!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s