O novo servizo do Centro Xove que non quererás perderte!

Despois dunha primeira programación moi intensa, no Centro Xove da Almáciga temos recibido un montón de propostas de mellora que xa estamos a procesar. Malia que imos facer pública unha memoria avaliando o primeiro trimestre de servizo, hoxe xa abrimos novas vías de comunicación con vós: por iso lanzamos a atención por WhatsApp e Telegram no Centro Xove!

No Centro Xove tamén vos atendemos vía WhatsApp… e Telegram!

Unha das cousas nas que máis nos insistides é en que ampliemos as nosas canles de comunicación, de maneira que sexa sinxelo estarmos en contacto. Malia que tedes o noso teléfono (681601920), un formulario e a nosa páxina no Facebook para falar do que queirades, entendemos que empregar aplicacións móbiles é unha forma áxil e útil para mellorar o servizo que damos á xente coma ti, á nosa mocidade.

Así, dende este mesmo instante podedes escribirnos por WhatsApp ou Telegram para calquer cousa que precisedes. Coma sempre, estaremos encantados de axudar no que faga falta! No futuro seguiremos traballando todo o posible para que cada día desfrutedes máis deste, o voso espazo en Santiago de Compostela. Seguimos adiante!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s