Participa na I Xuntanza da Xentiña do Centro Xove!

No Centro Xove da Almáciga andamos a voltas coa segunda programación de cursos que temos ofertado para vós, a nosa querida mocidade de Santiago de Compostela. Percibimos que tedes gañas de participar, de sumar ideas e de que lancemos propostas de formación á vosa medida. Ben sabedes que temos o voso consello moi en conta e, por iso, propoñemos a I Xuntanza da Xentiña do Centro Xove. Sona ben, ou que?!

De que vai a I Xuntanza da Xentiña do Centro Xove?

Malia que pasemos enquisas depois dos cursos, falemos directamente con vós e cos nosos profes para elaborar novas propostas, dende o Centro Xove da Almáciga cremos que cómpre ter un espazo no que poidades expresar as vosas inquedanzas de maneira directa ó equipo coordinador do centro. Por iso esta xuntanza, cuxa entrada é aberta, sen requisito ningún, ata completar aforo.

O encontro será algo sinxelo e cercano, entre nós, no que poderedes aportar ideas, opinar sobre os cursos realizados, propoñer outros ou expresar calquer dúbida ou inquedanza sobre o propio Centro Xove. Non é unha titoría nin unha xuntanza formal chea de historias ceremoniais. Non. É un encontro ó que están convidadas todas as persoas que formamos parte deste espazo ou as que queirades sumarvos no futuro, así coma os que teñades interese polo que argallamos por aquí. Todo o mundo!

Ollo! Haberá spoilers sobre os plans de futuro do centro

Na xuntanza falaremos das novidades que chegarán á volta do verán na nova programación, das residencias no Centro Xove para creativos que queirades desenvolver un proxecto aquí, do estado doutras cuestións do voso interese… en fin, de moitas cousas ben interesantes!

A vosa opinión é moi importante para nós, por iso insistimos na importancia de que participedes nesta xuntanza xa que, canta máis mocidade aporte ideas, mellor será o servizo que poderemos prestar dende o Centro Xove da Almáciga. Así que non o dubidedes: apuntádevos xa no evento vía Facebook, non esquezades compar isto polas redes sociais e comentarllo ós vosos coñecidos! Graciñas!

Un comentario

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s