Segundo nos comentan dende a Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela, as bandas locais que teñades interese en participar no festival Cancelas Primavera Fest, o vindeiro 26 de maio, xa podedes comezar a inscribirvos para ser parte do cartel. O concerto é unha proposta que xorde dos Orzamentos Participativos do 2016, e que podedes consultar nesta ligazón.
O primeiro, falemos das vantaxes de participar. E é que dende o Concello de Santiago de Compostela ofertan unhas condicións interesantes para ós grupos que decidan sumarse:
Vale, e sobre os requisitos que tedes que cumplir para que a vosa banda poida ser seleccionada polos técnicos da Concellaría de Mocidade? Moi sinxelo:
Se tedes interese en presentar á vosa banda para que sexa considerada de cara ó festival, podedes remitir un correo electrónico a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal, indicando “Banda para o Cancelas Primavera Fest” no asunto. Lembrade que para calquer dúbida tamén podedes enviar un mail a esa dirección, e listo!
Un último consello: non esquezades engadir unhas fotos, ligazón ó voso bandcamp ou maqueta, vídeos da banda actuando… todo o que teñades! Así poderán coñecer mellor ó voso grupo. Moita sorte ós participantes, vémonos no festival!
primavera 😉
Me gustaMe gusta
Touchè! Revisado 🙂
Apertas!
Me gustaMe gusta