Xa podes inscribir ó teu grupo musical no Cancelas Primavera Fest

Segundo nos comentan dende a Concellaría de Mocidade de Santiago de Compostela, as bandas locais que teñades interese en participar no festival Cancelas Primavera Fest, o vindeiro 26 de maio, xa podedes comezar a inscribirvos para ser parte do cartel. O concerto é unha proposta que xorde dos Orzamentos Participativos do 2016, e que podedes consultar nesta ligazón.

Como podo inscribir á miña banda no festival?

O primeiro, falemos das vantaxes de participar. E é que dende o Concello de Santiago de Compostela ofertan unhas condicións interesantes para ós grupos que decidan sumarse:

  • Ser parte da primeira edición do festival. Seguro que terá moita repercusión, xa que o nome da vosa banda aparecerá en toda difusión e cartelería que se faga do evento!
  • Todo o backline (equipo do concerto) e persoal técnico será aportado pola propia Concellaría de Mocidade. Ademais, non podía ser doutro modo, cobrar pola actuación.
  • Actuar durante 20 ou 30 minutos no Parque das Cancelas con outras bandas da cidade, nun evento de grande proxección polas suas características, que o orientan ó 100% para a mocidade compostelana.

Vale, e sobre os requisitos que tedes que cumplir para que a vosa banda poida ser seleccionada polos técnicos da Concellaría de Mocidade? Moi sinxelo:

  • Que a banda esté afincada en Santiago de Compostela.
  • Preferentemente, ser menores de 30 anos (ou que a media de idade sexa inferior a dito número).

Se tedes interese en presentar á vosa banda para que sexa considerada de cara ó festival, podedes remitir un correo electrónico a dptoxuventude@santiagodecompostela.gal, indicando “Banda para o Cancelas Primavera Fest” no asunto. Lembrade que para calquer dúbida tamén podedes enviar un mail a esa dirección, e listo!

Un último consello: non esquezades engadir unhas fotos, ligazón ó voso bandcamp ou maqueta, vídeos da banda actuando… todo o que teñades! Así poderán coñecer mellor ó voso grupo. Moita sorte ós participantes, vémonos no festival!

2 comentarios

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s