O xoves 16 de marzo actuación de Pablo Albo no Centro Xove!

O Centro Xove, a través da Concellaría de Mocidade, ten apoiado o festival Atlántica 2017, que na súa programación inclúe unha actuación no Centro Xove da Almáciga… de balde! É sen dúbida un dos eventos de referencia en canto á narración oral en Compostela, dos que desfrutaremos do 14 ó 19 de marzo. A actuación no Centro Xove terá lugar este xoves día 16 ás 20:30. Temos creado un evento no noso Facebook para que vos apuntedes!

Queres ver a Pablo Albo actuar no Centro Xove?

Pois non te preocupes, porque aquí vai toda a información! Coa súa proposta Contos pouco edificantes, Pablo Albo aposta por “unha sesión de contos que se suceden para arrepiar ou para facer rir… ou para vai ti a saber!”. Será sen dúbida unha actuación coa calidade habitual do festival Atlántica 2017 e, ademais, no Centro Xove a entrada é de balde, con acceso libre ata completar aforo.

O festival Atlántica 2017 vai pola súa V edición!

E isto non é pouco dicir, xa que levan dende o 2012 traendo a profesionais de primeiro nivel a Compostela para o desfrute do público. Así que se queredes saber máis sobre o que andan argallando, podedes coñecer a programación do festival Atlántica 2017 nesta ligazón, ou ben revisar de cando en vez a súa páxina oficial no Facebook.

Pola nosa parte só queremos agradecer á organización do festival que conten co Centro Xove da Almáciga e, moi especialmente, a Pablo Albo, narrador ó que queremos dar unha benvida ben especial á nosa sala. Así que xa sabedes, quedades convidados a pasar polas nosas instalacións o vindeiro xoves 16 de marzo a partires das 20:30. E non esquezades compartir esta entrada coa vosa xente, que cantos máis sexamos… mellor! Graciñas!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s