Precisas un espazo público en Santiago? Reserva o Centro Xove da Almáciga!

Xa nos chegaron varios correos de colectivos da cidade na procura de espazos públicos… que non sabían que é posible reservar o Centro Xove da Almáciga! Ben sabedes que estivemos a moitas cousas, polo que ata agora non temos falado do asunto, pero se precisades un espazo público para o voso evento ou iniciativa cultural en Compostela, seguide lendo!

Calquera pode reservar o Centro Xove da Almáciga…

Bueno, calquera, calquera, non. Pero a meirande parte da xentiña da cidade, sí. Tratándose dun espazo público, e en concreto dun centro orientado á mocidade, cómpre que teñas en conta as seguintes cousas:

  • Nada de ánimo de lucro: non podedes gañar cartiños coa proposta (por exemplo, nada de usar o espazo para dar clases particulares, nin tampouco concertos polos que cobredes entrada).
  • A proposta ten que ser cultural e para a mocidade: esa é a liña do Centro Xove da Almáciga. Traballamos con colectivos de entre 16 e 35 anos, e só programamos cousiñas con valor formativo para as persoas (por exemplo, foliadas, torneos de xogos ou conferencias de ciencia terían cabida).
  • Está permitido comer e beber no Centro Xove, pero nada de alcol nin tabaco! Non queremos droghas por aquí!
  • Debedes cubrir un impreso: literalmente unha folliña de nada. Podedes descargala nesta ligazón, despois só teredes que cubrila e selala nun Rexistro Municipal do Concello de Santiago de Compostela (o que máis vos guste).
  • Como podedes imaxinar, teñen prioridade as asociacións e colectivos organizados, aínda que poden facerse reservas de uso puntual (por exemplo, unha banda que queira vir a gravar un vídeo nas nosas instalacións).

Descobre todo o que o Centro Xove pode facer por ti

Xa sabemos que dito así sona un pouco a publicidade barateira (xD), pero realmente ofertamos algunhas cousiñas. Resumimos un pouco:

  • O espazo é público e, polo tanto, podes reservalo de balde (xa que está subvencionado polo Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Mocidade).
  • Unha sala con aforo para 200 persoas con equipos de son, iluminación e climatizada.
  • Horarios flexibles (en serio).
  • Cadeiras e mesas para moreas de xente (e incluso sofaciños!).
  • Acceso e instalacións adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
  • Camerinos plenamente equipados.
  • Un equipo de boa xente: non roñamos se hai que pechar tarde (se avisades), botamos unha man no que faga falta, preparamos as instalacións e xestionamos o evento contigo.

Se precisades máis información, lembrade que podedes contactar co Centro Xove da Almáciga por medio do seguinte formulario. Apertas e graciñas por achegar propostas!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s