Queres traballar no Centro Xove da Almáciga?

Nos últimos días están chegando as primeiras propostas de profesionais con interese en traballar no Centro Xove da Almáciga, e nós estamos moi felices por iso! A nosa vontade é colaborar con todo tipo de colectivos, asociación e xentiña en xeral, pero hoxe imos comentar o que tes que facer se queres traer a túa proposta formativa ó Centro Xove da Almáciga. No futuro falaremos das solicitudes de uso puntual e todo iso, non perdades de vista a nosa web para estar ó día das novidades!

equipo do centro xoveBen, imaxinemos que sempre quixeches levar adiante unha proposta cultural en Santiago de Compostela, e pensas que o Centro Xove da Almáciga pode ser un bo espazo onde desenvolvela. Xenial, gústanos a xente con iniciativa! Pero cómpre facer as cousas con xeito, polo que o óptimo é que teñas en conta o que contamos de seguido.

Se queres traballar no Centro Xove pensa que…

  • O noso usuario obxectivo ten entre 16 e 35 anos. Aínda que a rapazada é o melloriño e adoremos ós nosos avoiños e avoiñas, non podemos priorizar o traballo con ditos grupos de idade. A única excepción a isto son os espectáculos (concertos, teatro, etc.), por se ese é o teu interese principal. En todo caso, é fundamental que indiques o número máximo de alumnos por clase! Ten en conta que traballamos cun mínimo de dez persoas por grupo.
  • Somos o Centro Xove de Creación Cultural. Así que iso, estamos á caza de formación que faga honor ó noso nome! A nosa formación é práctica e capacitante, de maneira que a xentiña que veña ós nosos cursos saia deles tendo adquirido novas capacidades. E, sobre todo, queremos que desfruten mentres aprenden a crear no seu espazo cultural.
  • Priorizamos a calidade sobre a cantidade. Non queremos lanzar cursos e cursos ó chou, senón que escollemos con moito tino para dar luz verde ás mellores propostas. Así que resultaría xenial que procures presentarnos proxectos que mostren o teu máximo partido coma docente.
  • Polo momento… algo trimestral. No futuro a nosa programación pasará a ser anual (viva!), pero actualmente probamos propostas diversas para facernos unha idea do que a nosa xentiña quere. Deste modo, se traes unha idea de formación, que sexa trimestral, e logo xa falaremos de se o teu curso foi o comezo dunha fermosa amizade co Centro Xove.
  • Trae un borrador. Sabemos que poderías presentarnos un documento de moitísimas páxinas nas que plasmases de todo… pero non queremos que traballes de balde! Así que basta con presentar un borrador dunha páxina e, unha vez confirmemos a aposta polo teu proxecto, xa desenvolveremos unha programación máis extensa.
  • Queremos coñecerte. Malia que funcionamos no mundo dixital e podes falar con nós por correo electrónico para o que precises, terás que expoñer a túa proposta de forma presencial. Así teremos ocasión de ter un trato persoal, comentar a liña didáctica do Centro Xove e invitarte a un té (porque viño non gastamos). Non esquezas traer o teu currículum vitae, actualizado coa información que consideres importante, especialmente no tocante á túa experiencia docente.
  • Nada de balde. A xente que traballa no Centro Xove sempre, sempre, sempre cobrará debidamente polos seus esforzos. Agradecemos que traias a túa proposta orzamentada de forma clara, de xeito que poidamos saber se temos capacidade para asumila. Non esquezas incluir os gastos de materiais!
traballar no centro xove
As túas ideas son benvidas!

Por último, é importante que teñas presente que queremos traballar con xente motivada, con gañas de formar parte do equipo e deste proxecto que comezamos xa. Por iso, se queres traballar no Centro Xove da Almáciga, o máis importante que tes que traer da casa é unha boa dose de vocación polo ensino e moita, moita ilusión! Desexamos coñecer a túa idea canto antes… así que non deixes de escribirnos e, por suposto, comparte este post polas redes sociais con todo profesional que penses que podería encaixar no Centro Xove!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s