Listas de inscritos da primeira programación nos cursos do Centro Xove

Ben sabemos que tedes moitas gañas de coñecer as listas de inscritos nos cursos do Centro Xove da Almáciga, pero todavía temos que traballar arreo durante a fin de semana para organizar o enorme volume de inscricións rexistradas. Moitísimas grazas! É moi pero que moi ilusionante saber do voso interese por sumarvos ó noso proxecto no centro 🙂

Como e cando saber se estás dentro dun curso?

listaxe inscritos no centro xoveComezamos a traballar a vindeira semana, polo que para evitar que vos desesperedes agardando as novas, organizaremos todo do seguinte modo:

  • Os inscritos nos cursos que comezan o luns (ilustración e expresión corporal) xa tedes un correo electrónico con toda a información sobre os admitidos, lista de agarda e non admitidos.
  • Os inscritos nos cursos do martes en adiante (percusión africana, técnica vocal e escritura creativa) recibiredes un correo o propio luns ou o martes pola mañá a máis tardar para confirmar as vosas inscricións.

Os listados tamén serán compartidos nesta páxina web e publicados no propio Centro Xove da Almáciga, que ben sabedes que gústanos a transparencia.

Foiseme a olla cos prazos de inscrición! Que fago?

Amiguiño… pois o primeiro prazo foi aló, rematou o 17/02/2017 ás 14:00. Pero non desesperes! Aínda podes apuntarte ós cursos que comezarán en abril, que son unha boa morea e ben interesantes tamén 🙂 Lembra que podes participar igualmente da vida do centro dándolle a gústame no noso Facebook para cando organicemos a primeira xuntanza de xentiña do Centro Xove da Almáciga, na que o equipo coordinador do centro e os usuarios poñeremos en común ideas para organizar proxectos de futuro.

E por certo… de novo MOITAS GRAZAS pola inmensa acollida ó proxecto do Centro Xove da Almáciga. Estamos moi felices de comezar a facer cousiñas por aquí. Vémonos!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s