Cinco cousas sobre o Centro Xove da Almáciga

Despois desta primeira experiencia coas inscricións nos cursos, xa nos decatamos de que tedes algunhas dúbidas con respecto ó que facemos no Centro Xove da Almáciga, os nosos cursos e a forma de participar no día a día deste espazo. Pero non vos preocupedes, estamos aquí para axudar! Velaquí cinco cousas sobre o Centro Xove da Almáciga que se cadra non sabías.

Esta foi a nosa primeira oferta de formación para o Centro Xove da Almáciga :)
Esta foi a nosa primeira oferta de formación para o Centro Xove da Almáciga 🙂

De que vai este proxecto do Centro Xove?

Somos un centro de formación e ocio orientado á mocidade, con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, dependente da Concellería de Mocidade do Concello de Santiago de Compostela. Contamos cunha programación de cursos, eventos, concertos e espazos para aquelas organizacións sen ánimo de lucro que queiran facer algo por aquí; tamén ofrecemos as nosas instalacións de balde para usos puntuais, xa que este é un espazo que brinda un servizo público (iso sí, só cousas orientadas á mocidade). Toda a información sobre nós está dispoñible nesta ligazón, pero isto é un bo resumo.

Logo… o Centro Xove da Almáciga é só da mocidade?

Bueno, máis ou menos. Como sinalamos, os nosos cursos están orientados a un público de entre 16 e 35 anos, mais os espectáculos e eventos que ofertamos son para todo o mundo: calquer persoa pode vir. Se tes menos de 16 anos ou máis de 35, non desesperes: podes solicitar igualmente participar nos cursos de formación… aínda que só poderás participar se sobran prazas. Lembrade que os nosos compañeiros de Centros Socioculturais teñen unha oferta ampla para outras idades, nós estamos orientados case en exclusiva á mocidade! No futuro tentaremos ampliar ata 40 anos, pero non podemos prometer nada aínda :/

Molades. Como podo apuntarme ós cursos?

logo_centro_xove
O noso logotipo

Estamos encantados de que veñades a formarvos ó Centro Xove da Almáciga. Os nosos cursos son de balde íntegramente subvencionados pola Concellería de Mocidade a través do Concello de Santiago de Compostela, polo que non tedes que pagar nada por participar. Traballamos con profesionais de primeiro nivel, apostando pola calidade máis que pola cantidade na nosa oferta. Se queres estar ó tanto do que andamos a facer, o mellor é que visites a miúdo a nosa páxina web ou a nosa comunidade no Facebook, pois son as vías que empregamos para comunicar as nosas novas. Xa que estás, non deixes de darlle a gústame, así imos xuntando xentiña!

 

Como podo consultar a vosa programación?

Se tes curiosidade pola programación do Centro Xove da Almáciga, podes acceder á mesma en liña a través desta ligazón. Nese apartado da web procuraremos ter todo ben organizadiño para que ninguén se perda, de xeito que se cancelasemos un evento ou introducimos algunha novidade, sempre estará dispoñible en Internet. Lembra que, ó tratarse dunha vista do noso calendario en Google, sempre podes sincronizar os eventos no teu dispositivo se contas coa aplicación Google Calendar.

Queres contactar co Centro Xove da Almáciga?

Non te cortes, encantados de atenderte! Se queres consultar algunha dúbida, propoñernos unha idea de curso ou calquer outra cousa que queiras dicirnos, podes empregar este formulario de contactochamarnos ó 681 601 920 ou mesmo deixarnos un WhatsApp. Agradecemos que compartas esta entrada polas túas redes sociais, de maneira que cheguemos a moita xente. Graciñas!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s