Curso de expresión corporal, danza e ritmo corpóreo en Santiago de Compostela

Ademais do noso curso de percusión africana, no Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga temos algunhas propostas máis que achegar á nosa querida xentiña, mocidade compostelana que xa está a inscribirse aproveitando a nosa oferta! O seguinte que queremos revisar é o curso de expresión corporal, danza e ritmo corpóreo, impartido pola prestixiosa mestra Fabiana Gastaldello. Se tedes curiosidade polo asunto non deixedes de ler esta entrada 🙂

curso expresion corporal santiago de compostelaEsta proposta de formación foi deseñada para persoas que teñan interese polo mundo do teatro e desexen aprender máis sobre a súa integración coa expresión corporal, a danza e o ritmo propios do mundo da actuación. Non é preciso ter coñecementos previos, de maneira que é unha oportunidade estupenda para aproximarse a o apaixoante mundo da interpretación e as artes escénicas; ademais, no Centro Xove da Almáciga temos intención de crear unha compañía de teatro estable, polo que é un bo momento para iniciar a andaina dun potencial grupo a través dunha formación totalmente práctica.

Lembrade que os cursos comenzan a vindeira semana! Por iso, se alguén desexa participar debe inscribirse nos cursos do Centro Xove da Almáciga a través deste formulario antes do venres 17 de febreiro; poderás remitilo por correo electrónico e, por se resultasen precisos máis motivos, esta formación é de balde, xa que está subvencionada polo Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Mocidade. Non esquezades deixar un gústame na nosa comunidade en Facebook para non perder ningunha nova do Centro Xove, e compartir esta entrada polas vosas redes sociais. Graciñas!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s