Curso de percusión africana en Santiago de Compostela

Dende o Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga queremos que coñezades un pouco mellor as nosas propostas, comezando polo curso de percusión africana que iniciamos este mesmo mes. Dita formación, que imparten Javier Pérez e Andrés Rivero (Perfusion, Trópico de Grelos) no noso espazo, é unha ocasión estupenda para iniciarvos nesta fantástica proposta musical. Xa sabedes que os nosos cursos están subvencionados pola Concellería de Mocidade, polo que se queres aprender percusión africana en Santiago de Compostela o Centro Xove da Almáciga era o que andabas a procurar, e sen gastar un peso!

curso de percusion africana

Os nosos mestres van traer todo o necesario para aprender percusión africana: instrumentos para todo o alumnado, coñecementos e, sobre todo, paixón e ilusión por compartir afición pola música. Precisamente por iso non precisades saber absolutamente nada sobre música para inscrivirvos no curso, xa que partimos de cero. Só precisamos que te apuntes! Queres saber como? Visita esta ligazón para inscribirte xa no curso de percusión africana do Centro Xove de Creación Cultural da Almáciga. E se queres botar unha ollada ó que farás, non perdas detalle deste vídeo grabado no propio Centro Xove:

E xa que estás a ler isto, sería estupendo que participes na nosa páxina en Facebook e compartas esta entrada entre á túa xente. Graciñas!

Un comentario

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s