Aberto o prazo de inscrición nos cursos do Centro Xove da Almáciga

Arrinca a programación do Centro Xove da Almáciga! Xa levamos un tempiño traballando para traervos unha oferta de cursos diversa, interesante e, sobre todo, orientada á formación da mocidade de Compostela. Queres apuntarte? Pois aquí atoparás toda a información sobre a nosa proposta de febreiro en adiante.

cartel programacion cursos centro xoveQUEN PODE APUNTARSE?

Todas as persoas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos, censados, que estuden ou traballen en Santiago de Compostela. Podes apuntarte a tantos cursos coma desexes, pero debes facelo antes do vindeiro venres 17 de febreiro ás 14:00!

É MOI CARO?

Non! Os nosos cursos e espectáculos son de balde están subvencionados polo Concello de Santiago de Compostela a través da Concellería de Mocidade, polo que non tés que pagar nada por inscribirte. Nin por nada, en realidade.

TEÑO QUE SABER MOITO DO TEMA?

Neste momento os nosos cursos parten todos dende cero, polo que non é preciso ter coñecementos previos de ningún tipo. Vides a aprender! Os nosos mestres, de recoñecido prestixio, están afeitos a traballar impartindo formación, polo que estarán encantados de ensinarvos partindo da base.

COMO FAGO PARA INSCRIBIRME, LOGO?

Bótalle unha ollada á descrición dos cursos recollida de seguido e, cando teñas decidido aqueles nos que queres participar, preme nesta ligazón onte terás toda a información.

OFERTA DE CURSOS DO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA (FEBREIRO A XUÑO DO 2017)

PERCUSIÓN AFRICANAcurso percusion africana santiago

  • Prazas ofertadas: 20.
  • Duración: 21 de febreiro ó 28 de marzo.
  • Horario: martes de 16 a 18 horas.
  • Requisitos: ningún (instrumentos dispoñibles no centro).
  • Imparte: Javier Pérez e Andrés Rivero.

curso teatro santiagoEXPRESIÓN CORPORAL, RITMO, DANZA E XOGO CORPÓREO

  • Prazas ofertadas: 20.
  • Duración: 20 de febreiro ó 31 de marzo.
  • Horario: venres de 16 a 18.
  • Requisitos: ningún.
  • Imparte: Fabiana Gastaldello.

ESCRITURA CREATIVAcurso de escritura creativa santiago

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 22 de febreiro ó 29 de marzo.
  • Horario: mércores de 18 a 20.
  • Requisitos: ningún.
  • Imparte: Silvia Barbeito.

ZENTANGLE (máis información aquí)

  • curso de zentangle santiago de compostelaPrazas ofertadas: 15.
  • Duración: 3 de marzo ó 31 de marzo.
  • Horario: venres de 18 a 20.
  • Requisitos: ningún.
  • Imparte: Elisabeth Hillerud.

ILUSTRACIÓNilustracion

  • Prazas ofertadas: 15.
  • Duración: 20 de febreiro ó 27 de marzo.
  • Horario: luns de 16 a 18.
  • Requisitos: ningún.
  • Imparte: Xosé Tomás.

TÉCNICA VOCAL E CANTO

  • curso de canto santiago de compostelaPrazas ofertadas: 15.
  • Duración: 21 de febreiro ó 28 de marzo.
  • Horario: martes de 18 a 20.
  • Requisitos: ningún.
  • Imparte: Pablo García Ferradás.

A nosa oferta conta con algúns cursos máis, dos que iremos informando próximamente. Se queres apuntarte nalgún dos que ofertamos, preme na seguinte ligazón:

INSCRIBIRSE NOS CURSOS DO CENTRO XOVE DA ALMÁCIGA

Se coñeces a alguén que se cadra quere participar, non dubides en compartirlle esta información ou darlle difusión polas redes sociais premendo nos botóns inferiores. E non olvides seguirnos no noso Facebook. Graciñas!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s