Se buscas locais de ensaio en Santiago de Compostela…

Como ben di o título desta entrada, se estás a procurar locais de ensaio en Santiago de Compostela, dende o Centro Xove de Creación Cultural ofertarán próximamente varias salas que suporán un enorme salto de calidade con respecto ás instalacións actuais, situadas no estadio municipal de San Lázaro. Por que?

locais-de-ensaio-santiago-de-compostelaEn primeiro lugar, porque as tres salas previstas estarán dotadas para acoller ensaios diversos, con amplificadores de guitarra, baixo, batería, micrófonos e sistemas de reprodución para a voz, así como unha mesa de mixturas que dará ós músicos a oportunidade de empregar outros elementos nos seus temas. Ademais disto, o persoal do Centro Xove de Creación Cultural sempre estará presente no espazo, polo que poderán axudar ante calquer problema nos locais de ensaio de Santiago de Compostela, aportando ideas e contribuindo á labor creativa dos grupos se eles o desexan. En segundo lugar, e tamén importante, será posible solicitar o uso puntual das salas no propio Centro Xove de Creación Cultural, facilitando que os músicos de Santiago poidan acceder ós locais de ensaio de forma áxil e dinámica, facilitando que teñan un espazo dispoñible ante calquer imprevisto.

Cómpre resaltar que está prevista a instalación dun pequeno estudo de gravación no Centro Xove de Creación Cultural, que evitará facer competencia desleal a outros espazos existentes no concello de Santiago de Compostela promovendo a produción de bandas que busquen unha primeira maqueta que mover polas súas redes. Ademais, o centro pon un escenario plenamente equipado á disposición das bandas galegas e, especialmente, da zona de Santiago, de maneira que a mocidade teña un espazo para presentar os seus proxectos e canalizar as súas inquedanzas. Ditos servizos serán habilitados progresivamente, de maneira que pasada a inauguración do Centro Xove de Creación Cultural, posteriormente estarán dispoñibles os locais de ensaio e estudo de gravación para a mocidade de Santiago de Compostela. O seu uso poderá ser solicitado no propio centro, ou presentando os formularios pertinentes que podedes descargar nesta web.

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s