O Centro Xove de Creación Cultural nas redes sociais?

Ademais de lanzar a nosa páxina web, tamén queremos ter un punto de encontro coa mocidade de Santiago de Compostela: xente coma ti, que en moitos casos utiliza no seu día a día as redes sociais para estar en contacto coas súas amizades. Nese sentido, queremos presentar as que serán as dúas redes sociais do Centro Xove de Creación Cultural, outra vez con carácter non oficial pero sí moi informativo. Cales eliximos e como funcionarán?

redes sociais centro xove de cracion cultural
Abriremos a canle en YouTube do Centro Xove de Creación Cultural e moito, moito máis. A cabeza non para!!

Por unha parte está a páxina en Facebook do Centro Xove de Creación Cultural, dende o que realizaremos difusión de eventos que se organicen, formación, artigos de interese que publiquemos e, por suposto, contidos relacionados doutros espazos de Compostela… que hai que facer rede! Se queredes estar ó día de todo o que facemos nesta web, unha boa medida sería darlle un me gusta á páxina para non perder ningunha actualización!

Con todo, gustaríanos ter un contacto máis inmediato e cercano para os momentos máis intensos, e ter outra ventana ó mundo coa que falar de maneira máis desenfadada e directa. Xa o adiviñades… sí, temos o Twitter do Centro Xove de Creación Cultural, dende o que subiremos un pouco de todo e, se cadra, teremos algunha conversa en aberto. Non deixedes de seguirnos para estar un pouquiño máis cerca de nós!

E que máis? Pois só comentar que se lle dades un pouquiño de difusión ó noso Facebook e Twitter entre as vosas redes sería xenial, así chegamos a máis xentiña! Podedes premer nos botóns baixo esta entrada para facelo, moitas grazas!!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s