Benvidos á páxina web do Centro Xove de Creación Cultural

Xa levamos un tempo movendo as novas sobre a inauguración e apertura do Centro Xove de Creación Cultural de Santiago de Compostela… e por fin chegou o momento de lanzar esta, a nosa páxina! Non ten carácter oficial, pois é un lugar informativo no que queremos compartir o traballo que alí se levará a cabo… pero poderedes atopar toda a información sobre este espazo público debidamente organizada. Nada máis e nada menos!

Que imos compartir nesta, a nosa modesta páxina web? Pois ides atopar un pouco de todo nas súas diferentes seccións, que comentamos polo miúdo nesta entrada, e que iremos actualizando progresivamente:

  • Inicio: neste apartado publicaremos diferentes entradas con información do día a día. Dende artistas que visitan o centro ata propostas de formación, pasando por cousas que consideremos do voso interese e noticias relacionadas co espazo.
  • Programación e horarios: aquí subiremos a programación en activo e os horarios do centro, de maneira que poidades acceder dunha forma áxil á información máis actualizada.
  • Formularios: neste rincón facilitaremos o acceso a todos os formularios que o Centro Xove de Creación Cultural pon a disposición do público, de maneira que poidades descargar calquer documento necesario (para solicitar uso de salas, propoñer actividades, etc.).
  • Contidos en liña: nesta sección iremos integrando descargas de interese para vós, que irán dende pequenos vídeos con entrevistas que se leven a cabo ata outros contidos interesantes, que poden ser producións literarias froito dos cursos no centro, material audiovisual diverso, etc.
  • Sobre o centro: a modo de presentación sobre o espazo. Resumo de espazos, material dispoñible e demais, todo se atopa neste rincón, ó que subiremos tamén imaxes e contidos útiles para a prensa.
  • Contacto: se tedes calquer proposta de actividade ou queredes entrar en contacto co Centro Xove de Creación Cultural, facilitamos un formulario para remitirlle calquer inquedanza que teñades.

Agardamos que vos guste a proposta desta páxina web do Centro Xove de Creación Cultural e, por suposto, podedes deixar os vosos comentarios ou impresións sobre a mesma… ou compartir esta entrada polas vosas redes!

Comenta o que queiras

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s